Actividades complementarias e extraescolares
DEPARTAMENTO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES 21/22
Raquel Ramírez Gómez, xefa do departamento
ORLAS 2021
Onte tivemos o acto de entrega de orlas ao alumnado que rematou 2º de Bacharelato. Debido ás circunstancias, non puideron asistir as familias, ás que enviamos os nosos parabéns e un afectuoso saúdo.
O acto estivo presentado por Estela Diz (2º BAC B), Antía Domínguez (2º BAC A) e Alessandro Porcu (2º BAC C), enriquecido musicalmente coas actuacións de Manuela Lema (2º BAC B), Andrés Campos (2º BAC B), Valeria Pérez (2º BAC B) e Martín Rodríguez (2º BAC B).
Rosa Fernández, a directora; Susana Teijeira, ex-alumna, bióloga e investigadora e Mercedes Bangueses, como representante do profesorado, adicaron emotivos discursos ao alumnado.
Tfarah Salec (2º BAC B) foi a encargada de falar en nome do alumnado.
Manolo Bouzas, titor de 2º BAC A, Ana Fernández, titora de 2º BAC B, e Luisa Cazorla, titora de 2º BAC C, fixeron as entregas das orlas e das matrículas de honra. Obtiveron matrícula de honra Ainhoa Cabaleiro (2º BAC A), Alba Gilsanz (2º BAC A) e Lía Lago (2º BAC B), ás que novamente felicitamos.
E no faltaron os tradicionais vídeos recopilatorios do paso polo instituto do alumnado: un de Juan Carlos Lago, profesor de Debuxo, e outro de Sofía Viyella (2º BAC B).
E a vós, alumnas e alumnos que rematades 2º de Bacharelato, darvos as grazas por todo o aportado estes anos ao Pino Manso e desexarvos todos os éxitos e toda a felicidade, tanto a nivel académico e profesional coma a nivel persoal. Apertas!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »