Actividades complementarias e extraescolares

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Xa temos os carteis gañadores do concurso de carteis conmemorativos do 8 de marzo. Presentaron traballos alumnado da categoría "4º ESO, BACHARELATO E FP", polo que foron elixidos dous carteis nesta categoría: os traballos premiados son os de Noelia Boente e Lucía Besada. Noraboa ás dúas! Podedes pasar por Vicedirección a recoller o voso premio.

 

Moitas grazas a todas e todos por participar. Compartimos os traballos presentados:

CONCURSO CARTEIS 8 MARZO

Convocado o CONCURSO DE CARTEIS CONMEMORATIVOS DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.

Premede na imaxe para consultas as bases e o premios:

DIA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Durante uns días, na entrada do instituto, poderemos visitar a exposición do IES Ricardo Mella SEGUINDO ÁS ESTRELAS, na que traballou Rosa Gándara, profesora de Tecnoloxía. A exposición acercános a mulleres de diversos ámbitos: tecnólogas, científicas, empresarias, xuristas, deportistas, das artes, das letras e do pensamento.

A primeira visita foi a do alumnado de FP Básica II:

MARTES DE DAR

Haberá un punto de recollida no IES Pino Manso, podedes consultar a circular informativa enviada dende o Concello clicando na imaxe:

Distribuir contido