GALA DígochoEu

Onte rematou o concurso do DígochoEu cunha gran festa no auditorio da cidade da cultura en Santiago de Compostela. Alá fomos como finalistas que eramos.


Fomos con ilusión, volvimos coa gratitude de saber que fomos un dos 10 centros finalistas de toda Galicia e con ansias de facer que a nosa lingua siga sendo un vínculo de cohesión entre nós.


Agradecer a Carlos, a Esther e a todo o equipo do DígochoEu polo seu ben facer e por brindarnos esta oportunidade de poder participar e formar parte da familia do DígochoEu.


Felicitar aos centro gañadores e a todos os centros finalistas que puxestes o voso gran de millo para visulizar e dignificar a nosa lingua.


E, por último, para toda a mocidade, non deixedes que a nosa lingua quede tan só nun programa-concurso da tvg, ou nas aulas de galego, faládea, é o voso patrimonio, a vosa herdanza! Facede uso dela e querédea!


Saúde e lingua!