FESTIVAL NAVIDEÑO VIRTUAL

E rematou a primeira avaliación!

E a pesar dos medos e incertezas deste atípico inicio de curso, puidemos asumila, co esforzo de todas e todos: alumnado e familias, profesorado e persoal non docente do IES Pino Manso. 

GRAZAS E NORABOA!!!!!!

A COVID 19 tamén impón unha forma diferente de dar a benvida ao Nadal dende o instituto, que materializamos neste modesto festival virtual.

En primeiro lugar presentamos un vídeo elaborado por Juan Carlos con debuxos do alumnado de EPVeA de 3º e 4º de ESO e de Debuxo Artístico de 1º e 2º de Bac:

 

 

O alumnado de 1º ESO D preparou na materia de ITI o informativo "ESPECIAL NADAL":

 

 

O grupo de Música de 4º ESO preséntanos unha percusión corporal coa canción  Santa Claus is coming to town interpretada por Justin Bieber:

 

 

O alumnado, profesorado e persoal non docente adicamos o seguinte vídeo a todas as familias (grazas, Patricia, pola súa edición):

 

 

E para rematar, un vídeo sorpresa (grazas, Monique, por editalo):