FINANZAS PARA MORTAIS

O mércores 10 de febreiro o alumnado de FP Básica asistiu á primeira sesión do programa “Finanzas para Mortais”, enmarcado dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A. O mércores 24 de febreiro asistirán á segunda sesión.

Esta convocatoria ten por obxecto fomentar o emprendemento e a cultura financeira no sistema educativo non universitario como motores da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Esta actuación está encadrada no Plan de Emprendemento no Sistema Educativo Eduemprende.