Incidencias APP Abalar móbil

INCIDENCIAS APP  ABALARMÓBIL
 

  1. Desinstalar e volver a instalar a aplicación.

Pasos a seguir segundo o tipo de teléfono:

ANDROID:

Versións 6, 7 e 8:

1. Axustes> Administrar aplicacións, e seleccionar AbalarMóbil.
2. Unha vez en AbalarMóbil, seleccionar notificacións e revisar que estean activadas.

Versións a partir da 9:

1. Axustes> Aplicacións e notificacións, (depende da versión despois hai que seleccionar notificacións e logo notificacións de aplicacións ou notificacións de aplicacións directamente).

2. Unha vez se vexan todas as aplicacións revisar que AbalarMóbil estea activada (en verde), tamén hai un botón xeral en que se ve se están activadas as notificacións para todas as aplicacións, pero poden estar activas e denegadas só para AbalarMóbil polo que sempre hai que revisar que AbalarMóbil estea activa.

IPHONE:

1. Asegurarse de que a app admite notificacións. Ir a Axustes > Notificacións, seleccionar a app e asegurarse de que “Permitir notificacións” estea activado.

2. Se as notificacións están activadas para unha app, pero non reciben avisos, é posible que non seleccionasen as tiras. Ir a Axustes > Notificacións, seleccionar a app e, a continuación, seleccionar Tiras.

Se persiste o problema deben comunicalo ao centro a través do correo ies.pinomanso@edu.xunta.gal indicando os seguintes datos:

Nome pai/nai do alumnado
Nome do alumno/a
- Versión app
- Versión SO
- Marca/modelo do teléfono