Challenge STEM

   O noso alumnado de 1º de Bacharelato conseguiu un posto na final do Challenge STEM, punto de encontro virtual dos estudantes do Bacharelato científico. Este concurso estivo promovido polo Campus Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña). Estiveron a puntiño de gañar. 

Aquí os vemos atendendo, participando, aprendendo,... cheos de Ilusión!!

Acompañados pola súa profesora, Isabel Besada, demostraron canto valen, pois entre máis de 50 centros participantes chegar á final, xa é unha vitoria. 

Aquí vemos a: Carlos Pampillón, Daniel Piñeiro, Diego García e a Martín González totalmente concentrados, traballando e aprendendo.

Un exemplo de saber facer, pois como podedes ver, ata utilizaron a luva de seguridade.

Noraboa aos alumnos e á profe. 

Apostemos por máis experiencias así!!