Participación na Feira do Libro de O Porriño

Chegou a Feira do Libro a Porriño, e o noso clube de lectura non quería perder a ocasión de facer unha visita e adquirir algúns exemplares para completar a nosa biblioteca! Cada lector e lectora encargouse de atopar un libro que non figurase no catálogo e que fose do seu interese. Marchamos de alí ben aprovisionados de cultura despois de indagar en postos de librerías do noso Concello (Copirey, Paz e Recondo), que nos recibiron coa súa habitual amabilidade.