FORMACIÓN PROFESIONAL INNOVA 2017

2017-05-11 08:45
Europe/Madrid

O alumnado de Formación Profesional Básica asistirá na Cidade da Cultura de Santiago a unhas xornadas de emprendemento, acompañados polo profesor Ignacio Maceda. Poderán ver distintos proxectos de innovación desenvoltos nos centros de formación profesional, en colaboración con empresas e institucións. Estes proxectos serán presentados polo alumnado e profesorado participante nos mesmos a través de diferentes demostracións e actividades interactivas.