Bacharelato

CHARLA USC

O alumnado de Economía de 1º de Bacharelato asistiu o 3 de febreiro á charla "A Patente como ferramenta da innovación", impartida por Juan M. Garrido Fernández (USC).

A actividade pertence ao programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC".

OBRADOIRO DE HIP HOP

O alumnado de Bacharelato asistiu o venres 20 de decembro a un obradoiro de HIP HOP organizado polo departamento de Educación Física.

ÁM@ME

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu o mércores 27 de novembro á conferencia de Chis Oliveira e Amanda Trabaa Ám@me: "Sexo e amor no século XXI"

 

O AMOR NOS TEMPOS DE INTERNET

O alumnado de 1º de Bacharelato asistiu esta semana á actividade "O amor nos tempos de internet", realizada polo Equipo da Biblioteca como sesión preparatoria á conferencia que darán o día 27 de novembro Chis Oliveira e Amada Traba sobre o seu ensaio Am@me. Pensar o amor no século XXI.

 

XORNADA ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA

Alumnado de 1º de Bacharelato participou nas XORNADAS DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA COMARCAL DO BAIXO MIÑO, celebradas no Teatro Municipal de Tui o mércores 20 de novembro.

TI SI QUE VALES, V EDICIÓN

O venres 21 celebramos a V Edición do Ti si que vales no Pino Manso. Tivemos interpretacións musicais, bailes, beat box, breakdance..., e participou alumnado dende 1º de ESO ata 1º de Bacharelato. Moitas grazas a todos os participantes e a Román e María José por presentar o festival!

Distribuir contido