Novas, avisos, premios

INSTRUCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO DO TERCEIRO TRIMESTRE

O 28 de abril publicáronse as Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

De cara ás familias e ao alumnado salientamos:

  • A avaliación final realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de recuperación, repaso, reforzo ou ampliación das aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando se beneficie ao alumnado. 
  • Mantéñense as convocatorias das avaliacións ordinaria de xuño e extraordinaria de setembro na ESO, Bacharelato e FP Básica. 
  • As programacións didácticas actualizadas serán colgadas na páxina web do centro a partir do día 13 de maio.

 Podedes acceder ás citadas instrucións AQUÍ.

 

OFICINA DE INFORMACIÓN UNIVERSITARIA DA USC

Como consecuencia da alerta sanitaria a Oficina de Información Universitaria (OiU) da Universidade de Santiago (USC) viuse obrigada a suspender a súa actividade presencial.

OiU sigue a disposición da sociedade a través do correo electrónico: oiu@usc.es

Coa intención de manter vivas as canles de comunicación coa sociedade e de forma especial co ensino medio, a Universidade de Santiago de Compostela (USC)  pon a disposición da sociedade, os mércores de 10 a 14 e de 16 a 19 horas, un servizo de Chat/Videoconferencia coa súa Oficina de Información (OiU).

 

Pódese acceder a este servizo de Videoconferencia a través da Páxina Web da OiU:

https://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/

 

ou directamente a través da seguinte URL:

https://www.usc.gal/gl/servizos/oiu/chat.html

AXENDA PARA ADOLESCENTES CONFINADOS

Con motivo da alerta sanitaria, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia publicou unha "Axenda para adolescentes confinad@s", que ten por obxectivo proporcionar pautas para esta etapa evolutiva.

 

Desde a Sección de Psicoloxía Educativa, responsable desta publicación en formato infografía, explican que afrontar o confinamento partindo dunha actitude positiva e fomentar as fortalezas dos mozos e mozas serán necesarios neste momento de espera.

 

AXENDA

Vectores de stock de Arco iris, ilustraciones de Arco iris sin ...

 

 

ENCONTROS VIRTUAIS NA USC

Os Encontros Virtuais da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.

Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección

https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais

A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:

o    Presentacións das titulacións

o    Obradoiros, Retos, etc.

o    Opinión de alumnos/as sobre a titulación

o    Pílulas relacionadas coa titulación

o    Concursos

o    Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación

 

O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.

Distribuir contido