Lingua Galega

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2016-2017. DEPARTAMENTO DE LINGUA GALEGA E LITERATURA

Para consultar:

1- Criterios de avaliación

2- Estándares de aprendizaxe

3- Estratexias e instrumentos de avaliación

4- Criterios de cualificación

Facer clic AQUÍ

 

XORNALISMO NA ESCOLA

O alumnado de 4º de ESO do IES Pino Manso asistiu o día 18 de marzo a un taller de xornalismo impartido polo periodista Xesús Manuel García Díaz; a conferencia foi patrocinada a través da obra social “La Caixa”.  Nel abordáronse temas coma as diferenzas entre a linguaxe xornalística e a literaria,  a confección dun xornal, a importancia da modulación da voz na comunicación oral, a internet coma fonte de novas, a diferenza entre o dereito á información e á intimidade dos persoeiros públicos…

A conferencia estivo amenizada por numerosas anécdotas que, na súa prolongada vida profesional, Xesús Manuel viviu en primeira persoa e que, esperemos, axude ao alumnado a ter unha visión completa do que significa o desenvolvemento desta profesión tan apaixonante.

Esta actividade enmárcase dentro do Proxecto Anual do IES Pino Manso que leva por título Cóntame os ‘60. Nel, alumnado de 4º de ESO coa axuda das profesoras Rosa Fernández e Patricia Peña, gravará un programa de radio no que recrearán novas desta época.

II Concurso de Poesía

Parabéns aos nosos alumnos de 4º ESO Xesús Conde García e Elena Fernández Troncoso polo áccesit obtido no II Concurso Escolar de Poesía organizado pola Fundación Rosalía de Castro.

Letras Galegas 2013: Roberto Vidal Bolaño

Así o traballaron os nosos grupos nas clases:

Primeira saída do curso

O Departamento de Lingua Galega e Literatura e ENDL ten programada unha saída para os grupos de 1º Bacharelato o venres 28 de outubro, desde as 9,30 ata as 13,30. Os grupos asistirán a unha proxección de cine en galego nos cines Yelmo. Tratase da película de Iciar Bollaín E tamén a chuvia. Despois, habera un debate en torno a ela.

Información sobre a película

Distribuir contido