HORA DE LER DO 1º TRIMESTRE DO CURSO 2022-23

O vindeiro luns 19 comezaremos coa hora de ler, aquí tedes o enlace ao calendario.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022_2023 ACTUALIZADO

Aquí podedes consultar os libros de texto para o curso 2022-2023, aínda que recomendamos agardar a setembro para confirmar co profesorado de cada materia o uso do mesmo.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

Para a compra dos libros de francés en formato dixital consultade as instrucións dispoñibles na sección departamento de francés.

LISTAS ACTUALIZADAS EN SETEMBRO 2022 COS CAMBIOS E INDICACIÓNS DOS LIBROS DE 2º e 4º de ESO DISPOÑIBLES EN PRÉSTAMO. O PRÉSTAMO REALIZARASE A PRÓXIMA SEMANA.

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO 

VIAXE DO ALUMNADO DE 4ºESO

O alumnado de 4º de ESO realizou unha viaxe a Cantabria entre o 24 e o 28 de xuño.

LECTURAS PARA O VERÁN

Preme na IMAXE  para ver polo miúdo algunhas das últimas adquisicións e novidades da biblioteca.

 

recomendaci´pons verán 22

 

Non esquezas que  podes levar libros e/ou películas para o período estival!!

 

PETRÓGLIFOS DE FONTEMOUREIRA

Dende que falamos en ESA dos Petróglifos aló polo mes de setembro, tiñamos pendente unha visita aos que hai no concello. Despois de adiar a saída varias veces por cuestións laborais e meteorolóxicas, este venres por fin, puidemos visitar os Petróglifos de Fontemoureira. Temos que agradecerlle a protección civil do Concello que nos acompañasen e facilitasen o acceso a todo o alumnado, e máis a Nacho, o técnico de turismo, que nos ilustruo sobre os petróglifos e máis outros elementos patrimoniais do concello e da comarca.

                             

A SANTIAGO VOU...

Non quixemos deixar pasar a prórroga do ano santo compostelán sen facer a pé un anaquiño do Camiño de Santiago. E como o camiño é tamén cultura e arte, aproveitamos para visitar as Cubertas da Catedral e máis o Pórtico da Gloria. A verdade é que tivemos un día espectacular!

                   

SOLICITUDE MATRÍCULA NA ESO PARA PERSOAS ADULTAS

SE TÉS 18 OU MÁIS ANOS E NON TES A ESO, POR QUE NON SACALA NUN HORARIO QUE O TRABALLO E A TÚA VIDA CHO PERMITAN?

INFORMACIÓN SEN COMPROMISO NO PROPIO IES (MAÑÁN E TARDE), NO TELÉFONO 881866221 E NO CORREO ies.poeta.anon@edu.xunta.gal

SOLICITUDE DE PRAZA NO IES , DO 1 AO 15 DE XUÑO

Pídencho como requisito para algúns traballos, mellora o teu currículum, permíteche obter o CELGA 3, mellora a túa autoestima persoal, 

e seguro pasas unha temporada moi agradable no Instituto, como así o levan facendo outras moitas persoas antes que ti que quedaron encantadas co seu paso pola ESA.  

 

 

 

 

 

 

 

 

CONVOCADAS AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Ata o día 22 de xuño as familias poderán solicitar a axuda para material escolar (50 €) que a Consellería vén de publicar. 

 

  Pódese consultar a información pinchando aquí (información)

  E para acceder á aplicación Fondo libros dende a que se solicita a axuda podedes pinchar aquí (solicitude).  

 

 

 

 

 

 

LETRAS GALEGAS 2020

ONTE NAS ÚLTIMAS HORAS DE CLASE O ALUMNADO ASISTIU A UN CONCERTO A CARGO DO ALUMNADO DE MÚSICA EN HOMENAXE Á FIGURA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN.

NORABOA A TODOS POLO TRABALLO REALIZADO!

VÍDEO CONXUNTO CEIP E IES DE OUTES!!!!!!!!

SI, ENTRE O COLE E O INSTI DE OUTES FIXEMOS UN VÍDEO PARA CONMEMORAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!!!Risa

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet