Animación á lectura

CONCURSO DÍA DO LIBRO

Anímate a participar no concurso de recomendacións de lecturas.

Podes participar dende o xoves 16 ata o martes 21 de abril, ou ben na biblioteca en formato papel, ou ben neste enlace.

O xoves 23 de abril, día mundial do libro entregaranse os premios.

SAMAÍN NA BIBLIOTECA : atravesando "as fronteiras do medo"

31 de OUTUBRO: día en que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o mundo dos mortos se dilúen. Máis de un seguro que non logrou pegar ollo nesa noite tras correr a tupida cortina negra da biblioteca e enfrontarse as criaturas do máis aló  escoitando o relato que nos tiña preparado Alba. 

Para quen non tivo o valor de traspasar esa liña que nos separa do mundo do descoñecido, deixámoslles o que se perderon:

Click to play this Smilebox slideshow
 
 

HOMENAXE A FRANCISCO AÑÓN

Estamos de celebración!

Xustamente hoxe, 9 de outubro de 2012, cúmplese o bicentenario do nacemento do poeta que dá nome ó noso centro e que é considerado un dos precursores do Rexurdimento: FRANCISCO AÑÓN PAZ.

Sumándonos ós actos conmemorativos que están a ter lugar no concello de Outes, desprazámonos á Casa da Cultura para asistir a un recital poético-musical no que Brais fixo de fantástico mestre de cerimonias e no que, ademais da rapazada do IES, contamos coa participación do Club de Lectura de San Lourenzo, alumnado do CP Emilio Navasqües do Cruceiro de Roo e as corais do Freixo e da Serra de Outes dirixidas pola experta man de Domingo Barreiro, ex-profesor de música no noso instituto.

Grazas a todos eles por achegarnos á figura e á poesía do escritor de Boel.

 

OS POEMAS DE AÑÓN

Xa que andamos metidos de cheo no programa de actividades conmemorativas do BICENTENARIO do nacemento de Francisco Añón, non vén nada mal achegarse ós seus versos. Xa sabemos que a poesia non é "santo da vosa devoción" pero tedes que intentalo e veredes como levades unha grata sorpresa.

Para que o teñades máis doado, ofrecémosvos unha pequena escolma dos seus poemas nas tres linguas en que escribiu .

QUE A GOCEDES!

COÑECES A VALENTÍN?

Este foi o título da orixinal presentación que SERAFÍN MARCOS fixo da vida e obra do autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas:

VALENTÍN PAZ ANDRADE.

VISITA Ó CRD de VALADARES

Nesta semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º de ESO tivo ocasión de visitar o Centro de Recursos para persoas Discapacitadas (CRD)

de Valadares - Outes-.

II FEIRA DO LIBRO USADO no IES

Co gallo de festexar o mes das Letras, do 21 ao 23 de maio terá lugar no patio central do noso centro a II Feira do Libro Usado .

FOTOS E RESULTADOS DA VI SEMANA GASTRONÓMICA -edición 2012-

A 6ª edición do Concurso Gastronómico IES Poeta Añón, prolongada ata o 24 de abril, vén de rematar coa participación de 25 pratos (tanto doces como salgados) que nada teñen que envexar ás creacións dos grandes chefs do país.

RESULTADOS do CONCURSO: "Microrrelatos conta a VIOLENCIA DE XÉNERO"

Con un pouco de retraso, polo que pedimos disculpas, presentamos os textos gañadores do CONCURSO DE MICRORRELATOS contra a VIOLENCIA DE XÉNERO, convocado pola Biblioteca no mes de novembro .

MURAL pola PAZ

O pasado luns, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día Escolar pola Paz e a Non violencia elaborando o mural que vedes nas imaxes. Cada unha das mans / plumas da pomba contén unha breve "receita" co segredo para construir entre todos a paz na nosa vida cotiá, no noso día a día. Aquí van algunhas das ideas escritas polos rapaces e rapazas do IES Poeta Añón. TOMEMOS NOTA!.

Powered by Drupal - Design by artinet