Actividades

RAPAZADA NOS CAMIÑOS

A rapazada anda polos camiños... e atopa moitas mostras do patrimonio que nos representa e que queremos mostrar hoxe da man de cada nena e neno. Son fontes, cruceiros, lavadeiros, pozas, fervenzas, petos de ánimas... que atopamos na parroquia e na contorna do colexio de Cedeira. 

Foron moitos os participantes, nenos e nenas que, xunto coas súas familias quixeron colaborar para axudarnos a facer un recoñecemento público dese patrimonio. Disfrutade véndoo!

Tamén o podedes ver en Cedeira TV.

 Rapazada de 1º nos camiños...

 

 

 Rapazada de 2º nos camiños...

 

 

Rapazada de 3º nos camiños...

  


Rapazada de 4º nos camiños...

   

Rapazada de 5º nos camiños...

 

Rapazada de 6º nos camiños...

 

Rapazada de EI 5 anos nos camiños...

 

Rapazada de EI 4 anos nos camiños...

 

 

 Rapazada de EI 3 anos nos camiños...

   

PROXECTO ANUAL DO COLEXIO: "A AUGA BUSCA CAMIÑO"

Este curso 2018-2019 temos como tema "A auga busca camiño" co que queremos poñer o énfase no camiño da auga pero tamén relacionalo co Camiño de Santiago, de feito auga e camiño únense na parroquia de Cedeira que cada día ve como os camiñantes chegan ata a nosa fonte de 3 cano para facer unha "paradiña no camiño", refrescarse e descansar a carón da auga que corre sen descanso.

Comezamos o proxecto cunha celebración de todos os cursos na que cada un amosou o seu traballo sobre o tema anual.

Aquí tedes unhas mostras do acto inaugural.

 

COIDAMOS O XARDÍN DO COLEXIO

Xa estamos no novo curso e temos que facer o mantemento do xardín que, despois de todo o verán, precisaba dun "arranxiño". Puxémonos mans á obra con moita ilusión e ánimo no traballo, as alumnas e os alumnos participantes, de 5º e 6º traballaron arreo para que o noso xardín estea coidado. Mesmo houbo que arranxar desperfectos que algún desaprensivo causou. 

O traballo en grupo, colaborando cos compañeiros e compañeiras fai que o tempo pase voando. Hai que facer moitas cousas: quitar herbas malas, podar, retirar follas caídas, reparar o valado, plantar, poñer carteis cos nomes das plantas, cociñar e degustar sobremesas con cabazas da nosa horta, etc.

Aquí tedes unha mostra do noso traballo.

 

 

MAGOSTO NO COLEXIO

O Magosto é unha das nosas celebracións máis especiais porque todo o alumnado e o profesorado participa activamente nos xogos que se organizan. Despois degustamos as gorentosas castañas. Mirade que ben o pasamos.

Tamén podedes ver na nosa canle de Youtube o certame deste ano de "Contos á lus do candil" no que o alumnado de 6º leu os microrrelatos de medo que fixeron. Todo o alumnado do colexio pasou pola biblioteca para escoitar os "arrepiantes" contos de medo. Para poder ver as imaxes premede en Cedeira TV.

 

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN

No noso colexio celebramos o Samaín con moitas actividades... Contos á luz do Candil, visionado de pelis de medo, photocall de personaxes terroríficos, degustación de dedos de meiga...

Aquí podedes ver un adianto do que fixemos.

 

VISITAMOS A EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA DE RUTH MATILDA ANDERSON E FIXEMOS UN ROTEIRO POR REDONDELA

 

O 21 de setembro o alumnado de 4º e 5º de E.P. tivemos a sorte de poder ir visitar unha exposición de fotografías feitas por Ruth Matilda Anderson, unha estupenda fotógrafa americana que visitou Galicia nos anos 20 coa intención de retratar coa súa cámara de fotos o sentir do pobo galego: a súa xente, os seus costumes, as súas paisaxes…

 

A visita resultou moi intereseante e divertida, pois, xogando a ser detectives descubrimos moitas cousas de Ruth, unha muller valente e independente que soubo captar coa súa lente o ser e o sentir de Galicia.

 

 

 

Ademáis de visitar esta exposición, durante a saída tivemos a sorte de contar cunha guía que nos levou a percorrer as rúas do noso pobo. Presentounos Redondela  como un pobo de viaductos, un pobo cunha grande historia industrial e cultural, cheo de fermosas tradicións e animadas festas que recibe e acolle cada día a milleiros de peregrinos que se dirixen a Santiago.

 

PROGRAMA DE RADIO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Neste enlace podedes escoitar o audio da gravacióno do Programa das Letras Galegas 2018 elaborado polo alumnado do colexio.

Que o desfrutedes!

 

PARTICIPAMOS NO CONCURSO "FARO DA ESCOLA"

Este curso participamos no concurso "Faro da Escola" que promove o Faro de Vigo en colaboración con diversas empresas e institucións. Traballamos moito para elaborar o noso xornal e recibimos o 3º Premio na categoría de mellor reportaxe.

A entrega de recoñecementos celebrouse o luns 28 de maio nos xardíns do Pazo Quiñones de León, onde estivemos co alumnado dos outros centros participantes.

Unha experiencia que nos esqueceremos!

PROXECTO POBOS INDÍXENAS

Neste enlace tedes a información de TV Redondela

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet