Actividades

Enviamos cartas ao colexio Frián.

Estamos traballando as cartas e como dicir as cousas. Por iso escribimos unha carta aos alumnos e alumnas de 2º do colexio Frián-Teis.

Esforzámonos en presentalas ben, escribir correctamente e dicir "cousas interesantes" para nós.

Algúns tiñan moitas cousas que contar, outros/as non tantas, pero iso si, fixémolo con ilusión.

A ver se lles gustan. Agardamos a resposta.

 

 

Poesías ilustradas.

Aquí temos algunhas poesías copiadas e ilustradas polos alumnos e alumnas de 2º B.

 

Tres historias para ver... e aprender!

Velaquí tres fermosas curtas de animación para gozar e traballar nas escolas infantís ou en familia: Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos. A Secretaría Xeral de Política Lingüística anima ao profesorado a utilizalos xunto coas propostas didácticas que os acompañan. E aos pais e nais, a gozar deles cos seus pequenos/as.


Salvamos os libros

As familias colaboran co proxecto da biblioteca e decidiron salvar uns libros en lingua galega que lles pareceron interesantes. Os nenos e nenas tamén ilustraron esa recomendación.

 

O bosque chama por nós e alá imos.

Celebrando que estamos no Ano Internacional dos Bosques, que traballamos este centro de interese e tamén que nos gusta saír para aprender en vivo e en directo, para achegarnos ata un bosque próximo pero non tan coñecido por nós.

Así que os nenos, nenas e profes do 1º Ciclo, collemos as mochilas e saímos para Moaña, ao entorno do Río da Fraga. Alí descubrimos moitas cousas: árbores, plantas, flores, muíños, pegadas de animais, cágados e, sobre todo, un recanto de paz e paisaxe natural que os nenos e nenas disfrutaron con alegría e bo humor.

Voltamos ao cole cansos pero contentos de ter pasado unha mañá tan aproveitada. Ao mellor voltamos!

 

 

NA SEMANA DA PRENSA VISITOUNOS O DEBUXANTE KIKO DA SILVA

A semana pasada, que dedicamos á prensa, recibimos no colexio a visita do debuxante Kiko Da Silva o día 7. Participou en dúas charlas co alumnado de Primaria. Nelas amosou aos nenos/as o seu traballo como ilustrador, tanto de historietas como as súas colaboracións no xornal "La Voz de Galicia". Tamén comentou aos rapaces/as o seu traballo na revista cómica Retranca e avanzou o próximo nacemento de Fiz, unha revista para iniciar aos nenos no cómic, que sairá en galego en Galicia e en castelán no resto do estado.
Explicou como elaborou algún dos seus proxectos e tamén cal é o proceso de realización dunha imaxe de cómic. Deixounos como lembranza dous debuxos que conservaremos na biblioteca como o facemos co Martiño que o propio Kiko debuxara no ano 2000 na anterior visita que realizou ao noso centro.

 

OS OFICIOS DOS NOSOS AVÓS E AS TRADICIÓNS EN CEDEIRA

No colexio preparamos este programa de radio sobre os oficios tradicionais dos nosos avós e sobre unha tradición da nosa parroquia: a corrida do galo. Para facelo entrevistamos aos nosos avós e outros familiares.

Podedes descargalo facendo clic aquí (son 23,5 MB; ten 25' 45'' de duración).

Tamén o enviamos a Ponte nas ondas, onde se emite o venres 16 de abril ás 20h24'.

Agardamos que vos guste.Oficios tradicionais

Powered by Drupal - Design by artinet