Saídas 07/08

Saídas 07/08

DE TROULA NO VIXIADOR!

AQUÍ TES ALGUNHA FOTO DO DÍA NO VIXIADOR :

NENOS E NENAS NO VIXIADOR

CARREIRAS DE SACOS

TIRANDO DA CORDA

SI QUERES VER MÁIS FOTOS VISITA A NOSA GALERÍA

A caixa de música

O día 4 de xuño, os alumnos e alumnas de 2º de Primaria acudimos ó Conservatorio Profesional de Música a un espectáculo titulado " A caixa de música".

 Un músico toca o trombón mentras os nenos escoitan   Os nenos escoitan engaiolados a función    Músicos interpretando unha peza 

A traverso dun guiñol e de tres personaxes (Cecilia, Calderón e Salterio) coñecimos algúns dos instrumentos da orquestra: a familia da corda fretada (violín, viola, violonchelo e contrabaixo), a familia de vento - metal (trompeta, trompa, trombón e tuba), o óboe e o fagot.

 Músicos e guiñol   Calderón, Salterio e Cecilia   Guiñol e músicos

 

Violíns con sombras chinescas 

 

 Instrumentos de vento-metal con sombras chinescas 

 

Tuba e violonchelo en sombras chinescas

 

O espectáculo estivo moi divertido e aprendimos moito.

O actor e a marioneta visitan ó público

SONS DA TERRA

O 15 de maio, os alumnos  e alumnas de 5º e 6º de Primaria acudimos ó Auditorio do Concello a un concerto titulado "Sonidos de la Tierra",interpretado pola Banda de José Luis Gutierrez e organizado pola obra social de Caja Madrid.


O concerto foi moi divertido e participativo. E como o seu título indica, consistiu nunha viaxe polos diferentes países  e músicas do mundo: dende a máis próxima a nós (a música celta) ata a máis lonxana, como a africana, a asiática ou a andina. Algúns dos nosos compañeiros poideron lembrar o seu propio floclore ó escoitar un tango arxentino ou unha danza húngara.

Sons da terra

OBRADOIRO DE LAXEIRO

O martes 22 de abril os nenos e nenas de 3º e 4º fomos a Fundación Barrié da Maza a aprender cousas de Laxeiro, un pintor galego moi famoso.

Primeiro vimos a súa obra. Aprendemos, que dependendo da época das súas pinturas empregaba técnicas diferentes.

Despois traballamos, nunha gran sala, facendo actividades plásticas. Nunha primeira parte pintamos empregando unha das técnicas de Laxeiro. Nunha segunda parte manipulamos terras de distintas zonas para facer ladrillos.

Todo isto o podedes ver nas seguintes fotos

traballamos con laxeiro

 

Traballando con terras galegas
técnica Laxeiro

Teatro de Títeres

O venres, 4 de abril, fomos a ver a obra de títeres: "A MATA DE  ALBAHACA"

As ilustracións deste artigo son de nenos e nenas de 3ºe 4º 

ilustración "A mata de albahaca"

Poidemos disfrutar dunha versión moi inxeniosa deste conto popular.

A posta en escea foi a cargo dunha compañía andaluza "La Gotera de Lazotea"

Pasamos unha hora moi entretida.

Escena  dos títeres  

 

 

escena 1ª

 

Escena da mata de albahaca

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Este artigo está ilustrado por nenos e nenas de 3º que presenciaron os títeres

Powered by Drupal - Design by artinet