Outras actividades

O noso horto

COMEZA ECOFRIAN

Este ano imos continuar co magnífico traballo feito o ano pasado no horto. Iniciamos a nosa andaina coa axuda das familias para planificar e preparar a terra dos bancais.

 

O horto visto polos alumnos e alumnas de sexto:

 

Sementamos acelgas en 5º

Maleta viaxeira CEFORE " QUÍMICA NA COCIÑA"

Aproveitando o proxecto anual " Vivindo san no cole Frián" e que o vindeiro mes de novembro é o mes da ciencia, recibimos do CEFORE de Vigo a maleta viaxeira " Química na Cociña". Todos os alumnos do cole  gozaron dos materiais desta maleta por uns días.

 

                 

 

Guardar

SEXTO E QUINTO CON PEPE SOLLA EN “DALLE VALOR AO PEIXE"

pepe solla   

Con motivo do Proxecto Documental Integrado deste curso“Vivindo San no cole de Frian “, o alumnado de sexto saímos o mércores 4de outubro e quinto o xoves 19 de outubro  ao Mercado do Progreso para participar na actividade Showcookings científicos do CSIC“ Dalle valorao peixe ” con Pepe Solla, resultado da colaboración  do grupo

Vegalsa-Eroski e Familia mailo Concello de Vigo no programa COMErico VIVEsan, e realizada por Graciela, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, coa inestimable axuda do chef Pepe Solla que é propietario dun restaurante galego cunha Estrela Michelín.



  Visitamos postos de peixes. Ensináronnos a recoñecer o peixe frescoe a saber interpretar a información das etiquetas que acompañan ó peixe que está a venda. Tamén descubrimos todos os datos que aportan as etiquetas dos peixes conxelados e dos precociñados.



  Despois cociñamos con Pepe. Elaboramos“ Xurelo con salsa de maionesa e salsa de chumichurri ”.

  Puxémonos as súas ordenes e salgamos, mesturamos, rebozamos, batemos…e sobre todo degustamos a saborosa receita que preparamos.

      

Obxectivo  da actividade cumprido :

 

                  SÍ QUE LLE DEMOS VALOR AO PEIXE!

                  Grazas Pepe e OÍDO COCIÑA!!

 

 

 

 E ata saímos na prensa

Coñecemos Balaídos

   O martes 10 de outubro o alumnado de Educación Infantil, puxo rumbo ao estadio de Balaídos para coñecer as súas instalacións. Toda unha aventura que gozamos moitísimo e que sen dúbida quedará na nosa memoria. 

 

Resultado de imagen de niños jugando futbol dibujo 

 

 

 

 

 

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

VIVIMOS SAN NO COLE FRIAN

vida saudable

Un ano máis comezamos unha nova andaina cun proxecto Documental  Integrado no que queremos que toda a Comunidade educativa estea implicada e fomentar unha vida sa e saudable.

Arrincamos cunha enquisa onde analizaremos os hábitos e preferencias na alimentación do noso alumnado e a súa actividade física.

  

 

 Agora é o momento de dar algunhos consellos, lembrar algúns datos e apostamos pola vosa implicación.

 

 Neste tríptico tedes unha pequenas guía de hábitos saudábeis para traballar na casa e mellorar a nosa calidade de vida


 

 

Powered by Drupal - Design by artinet