Outras actividades

OBRADOIRO DE PLASTILINA

O luns 10 de novembro, tivemos un obradoiro de fecer "plastilina máxica". Esta vez Montse ensinounos que mesturando:

  • Fariña
  • Auga
  • Colorante alimenticio

podiamos facer unha plastilina moi brandiña. Cada un de nós amasou a fariña coa auga, e despois repartimos a nosa plastilina e fixemos moitas figuriñas: as nosas letras, moitos pantasmas, pizzas, caracois, etc...

 

PASÁMOLO MOI BEN!

GRAZAS MONTSE POR ENSINARNOS A FACER PLASTILINA QUE PODEMOS FABRICAR NA CASA

Obradoiro de reciclaxe en Infantil

O mércores día 5 de novembro, tivemos nas clases de 4 anos de Educación Infantil, un obradoiro de reciclaxe. Montse ensinounos a facer "papel reciclado".

  • Primeiro estivemos falando que o papel sae das árbores, por iso hai que reciclalo para coidar o noso planeta.
  • O primeiro que fixemos foi rasgar papel de periódico, en anaquiños pequenos.
  • Despois recollemso os papeis e os mesturamos con auga. Batemos coa batidora esta mestura.
  • O terceiro paso, foi colar esa mestura cun aparello semellante a un colador.
  • De seguido, secamos a folla de papel cun pano. Repetimos esta operación, varias veces e deste xeito conseguimos facer papel reciclado.

A actividade foi moi motivadora, porque participamos todos, rasgando periódicos, batendo a mestura e secando o papel.

Estamos todos animados a seguir reciclando!

 

Grazas Montse

"Elaboración de pasta dentífrica"

O alumnado de 1º fixemos a actividade "Elaboración de pasta dentífrica". Pasámolo moi ben e cada un de nós levou unha mostra.

 

 

TOPO QUE ?

TOPO QUE ? ( ACTIVIDADE DINAMIZADORA DO GALEGO )
 
O luns 26, os nenos e as nenas de 6ºA, tivemos un obradoiro con actividades para comprender conceptos como topónimo e toponimia. Facendo grupos de catro, chegamos a percatarnos da importancia que teñen os topónimos como localizadores e a súa dimensión como patrimonio non material a consevar.
 

VISITA DE FINA CASALDERREY

 

 

Hoxe, 11 de xuño, o alumnado de 3º e 4º vivimos unha experiencia moi fermosa. Recibimos a Fina Casalderrey e demostrounos como as palabras son a ferramenta máis poderousa. Pedíunos que nós sexamos os protagonistas e fagamos medrar a Lingua Galega.

Powered by Drupal - Design by artinet