Outras actividades

Visita de Ledicia Costas

No mes de Abril e para conmemorar o Día do Libro, tivemos a sorte de contar coa escritora, Ledicia Costas. Para esta visita preparámonos a fondo, o alumnado de 4º leu "Escarlatina a cociñeira defunta" e o alumnado de 6º, "Jule Verne e as mulleres planta". Durante todo o trimestre limos con moito detalle estes libros que nos apasionaron e preparamos moitos traballos, que moi orgullosos ensinamos a Ledicia.

 

          

Ledicia enamorounos coas súas palabras e as súas historias, estivemos moi atentos a todo o que contaba.

 

#Rosalíate na Praza do Rei do Concello

 

 

Sandra e Anxo de 4º, baixo a atenta mirada do Sr. Alcalde

O alumnado de 4º de primaria xunto con outros Centros Educativos participamos na Praza do Rei, diante do Concello nunha homenaxe a Rosalía de Castro. Primeiro o Alcalde, Sr. D. Abel Caballero, leu un poema e despois entre todos lemos un manifesto e distintos poemas de Rosalía. Acabamos o acto cunha solta de globos.

 

 

A continucaión deixámosvos a reportaxe fotográfica:

 

 

#RosalíaTe

Co gallo da conmemoración do Día de Rosalía o s nenos e nenas de 3º de primaria realizaron unh apequena actividade sobre un dos seus poemas. Os dous cursos recitaron "Vente Rapasa", esperemos que gocedes neste día e que continuedes o resto do ano.

Os alumando de 6º regueifando

Xa son un clásico anual no noso centro.

Da man destes artistas, Luis o Caruncho e Pinto de Herbón, o noso alumnado comenzou a regueifar. Temos que dicir que algún neno e nena do noso centro non se lle dá nada mal. Dende aquí animámosvos a practicar. Deixamos a claves para a vosa práctica:

 

 Todos  e todas participamos nunha regueifa que podes ver e escoitar no seguinte vídeo:

 

Guardar

Guardar

Powered by Drupal - Design by artinet