Skip to Content

Inauguración da Biblioteca

Inauguración da Biblioteca.

O xoves, Lúa, xa na biblioteca, recibiu en quendas aos diferentes grupos de primaria acompañada do profe Ramiro. Na súa maleta traía obxectos de varios países: do Reino Unido, de Irlanda, de Portugal, de Italia e tamén de Torrevieja...

  

Contoulles ás nenas e aos nenos que este verán viaxou moito por Europa para coñecer outros colexios e poñerse de acordo para traballar todos nun mesmo proxecto.

" Promovendo un estilo de vida saudable e feliz"

Así se chama o proxecto no que participaremos seis colexios:

 

  • Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto

  • Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 

  • CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).

  • Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda).

  • Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).

 É un proxecto financiado pola Unión Europea.

Lúa puxo un vídeo explicando que fixo ela no verán para conseguir levar unha vida máis saudable e tamén proxectou imaxes dos colexios cos que imos colaborar. Está moi ilusionada e espera que todas e todos a axudemos.

 

 Tamén entregou as mochilas viaxeiras

 

... e unha invitación para participar nunha xornada na que haberá moitos obradoiros onde poderemos aprender moitas cousas para levar unha vida máis saudable.



page | by Dr. Radut