Skip to Content

Mindfuness

Mindfulness.

O proxecto Erasmus+ “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz, deunos a oportunidade, nos cursos anteriores, de experimentar estilos saudables de alimentación, actividades físicas, deportivas e hábitos de vida sans. Este curso bríndanos unha nova porta, cara a unha vida plena e feliz coa axuda do Mindfulness”.

Como mestr@, pai/nai queremos prestar  a mellor das atencións, ao noso alumnado e aos nos@s fill@s, para que  vivan a mellor das experiencias  no momento presente.


Mindfulness  pode axudarnos a tod@s a:

  • Mellorar a Atención.
  • Manter a Calma.
  • Ter un mellor Control Emocional.
  • Favorecer a Concentración.
  • Mellorar a Creatividade.
  • Potenciar o Desenvolvemento Cognitivo. 

Sempre da  man de hábitos alimenticios saudables e dunha actividade física axeitada.

Todo isto vai ser posible, se estamos dispostos a aventurarnos nesta fantástica viaxe, con formación, con práctica e con tempo ( 5-10 minutos diarios serán abondo para comezar).

Podemos practicalo dende os 3 anos durante toda unha vida plena. 

 



page | by Dr. Radut