Skip to Content

Intercambio de alumnado Erasmus+, do alumnado de 6º de Educación Primaria do Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a Torrevieja Alicante.

 

Intercambio de alumnado Erasmus+,

do alumnado de 6º de Educación Primaria do

Ceip Plurilingüe Nº2 de Tui a

Torrevieja Alicante.

Dentro do Programa Europeo Erasmus+ que o CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui está levando a cabo durante os cursos 2018-2021 co nome de  “Promovendo un Estilo de Vida Saudable e Feliz, o alumnado de 6ºde Educación Primaria está a participar dende o mércores 14 ata ao venres 16 de abril de 2021,  nun “Intercambio virtual de alumnado a corto prazo” polo que visitará o CEIP As Culturas de Torrevieja Alicante.

Durante a actividade o alumnado do CEIP Plurilingüe Nº2 de Tui están a aprender, sobre a importancia de convivir cos seus compañeir@s das escolas de Alacante ( en España) e Varese(en Italia), están a explorar aspectos relacionados co proxecto de ambas culturas, respectando a cultura dos outros á vez que son embaixadores do seu propio país.

Estes días, o alumnado de Tui, estase a  integrar nas clases da escola de acollida, para compartir cultura, historia deportiva e dietética de cada rexión e participan en actividades físicas, para gozar cos seus compañeir@s. Isto incluirá contacto coa lingua materna ( Galego, Español e Italiano), mellora no idioma do proxecto: inglés, historia, cultura, artes e educación física.

O mércores 14 de abril de 2021, levouse a cabo a presentación das escolas que participan na viaxe virtual coa participación de todo o alumnado de 6º do noso centro.

Posteriormente tamén se levou a cabo, unha sesión de Mindfulness, na que participou o alumnado de 6ºA, no ximnasio. 

O xoves 15 de abril de 2021, levouse a cabo unha actividade de alimentación saudable e mente feliz: As emocións " Emocionome comendo froita e verdura", coa participación de todo o alumnado de 6ºB do noso centro. 

O venres 16 de abril de 2021, para rematar a viaxe levouse a cabo unha actividade de exercicio físico e xogo cooperatico " O Xogo da Oca", coa participación de todo o alumnado de 6ºC do noso centro. 

Moitas grazas aos compañeiros das Culturas de Torrevieja e de Varese en Italia por darnos a oportunidade de compartir estes momentos divertidos xuntos.

 

 Students online exchange. Tui-Torrevieja-Varese

In order to continue with our Erasmus project "Promoting a Healthy and Happy Lifestyle", students from 6th grade participate in a Virtual exchange. Through the online world, we visit "CEIP As culturas" in Torrevieja.

From 14th to 16th of April, students participated in different activities organized by our mates in Torrevieja.

On wednesday 14th students introduce themselves. Later, 6th Grade A, participated in a Mindfulness activity at the gym.

On Thursday 15th, we focus in healthy nutrition, 6th Grade B had to create their healthy plate with some fruits cutting.

On Friday 16th, we finish our visit with the sporty and cooperative game "La Oca" in which 6th Grade C students had to oversome different challenges.

 

 



page | by Dr. Radut