Skip to Content

Manteis Emocionais.

A comezos do 3º trimestre Lúa convidou ao alumnado do CEIP Nº2 de Tui a unha nova aventura. Ademais de practicar Mindfulness a diario, propúxolles levar a cabo unha boa xestión das emocións: A rabia, a ira, a tristeza... que lles ía axudar a ter unha vida plena e feliz.

Para iso propúxolles elaborar manteis, paneis, cadernos... para expresar alí as súas emocións e facer unha boa xestión das mesmas.

 

Os nenos e nenas de 5ºA expresaron as súas emocións neste panel baixo o lema "hoxe síntome"

En infantil, aproveitando que están traballando as abellas, fixeron un gran panal das emocións.

Tamén nun gran mural expresamos as emocións que sentimos a través de debuxos.

 

 

 

 "Emotional Cloths"

To continue with our mindfulness activity, Lua brought us a new challenge. We had to create our "emotional cloths" where they should write how they feel every day.

The cloths and boards look fantastic!

 



page | by Dr. Radut