Skip to Content

EMOCIÓNS E SENTIMENTOS

EMOCIÓNS E SENTIMENTOS.

As emocións son estados afectivos que todos e todas experimentamos de forma innata. Os sentimentos son a toma de conciencia desas emocións.

Descubrir e diferenciar as distintas emocións e identificar os diferentes sentimentos que poden estar relacionados con cada unha delas forma parte do proxecto Erasmus do centro, co que  pretendemos desenvolver a competencia emocional do noso alumnado dotándoo de ferramentas que axuden a mellorar o seu benestar persoal e social.

Os nenos e nenas de 4ºA decidiron expresar os seus descubrimentos a través do que chamaron "CHUVIA DE EMOCIÓNS", unhas nubes con gotas nas que foron escribindo os estados de ánimo que son capaces de recoñecer en si mesmos e nos demais.

Agora están colgadas no teito da clase e axudarán a verbalizar como se senten cando están alegres, tristes, enfadados ou senten medo.

O proceso foi así:

 

O ARCO DAS EMOCIÓNS

Na clase de 4º A continuaron traballando con diferentes formas de expresar as emocións. Os nenos e nenas decidiron que un arco iris era unha boa forma de compartir cos demais como se sinten en determinados momentos.

 

CADERNOS DAS EMOCIÓNS

Nestes cadernos os nenos e nenas de 4ºA cóntanlles aos seus compañeiros/as como se sinten  nun momento dado, sempre de forma voluntaria,  e tamén piden o que necesitan.
No apartado de recomendaciones que ten cada folla, outros nenos ou nenas danlle ánimos ou consellos para superar a situación; ou, se o caso, felicitan compartindo a alegría das boas noticias.

 O AUBOBÚS DAS EMOCIÓNS

Os nenos e nenas de 4ºB decidiron expresar os seus sentimentos a través do que chamaron "O Autobús das Emocións", un autobús que fabricaron con moito detalle e que lles serviu para mostrar os seus estados de ánimo, e que  lles permitiu ser capaces de recoñecer  nos demais. Tamén fixeron un rexistro de esas emoción no que vivenciaron as súas emocións.

 

ÁRBORE DAS EMOCIÓNS

O alumnado de 3º decidiron expresar os seus sentimentos  a través do que chamaron "Arbore das Emocións". No pasillo do cole, fixeron unha árbore preciosa da que colgaron as follas cos seus sentimentos. Dándolle visibilidade as súas emocións e sentimentos.

 EMOCIONÓMETRO

O alumnado de 1º fixeron un " Emocionómetro". Tendo en conta as medidas e distancias, o alumnado de 1º expresou e recoñeceu os seus sentimentos nun precioso emocionómetro. Con papeis de cores foron escribindo cada unha das emocións que sentían.

 

 Emotions and feelings

Emotions are those affective states that all of us sense in an innate way. Feelings are the conscious and work of those emotions.

Discover and distinguish those emotions and identify different feelings are one of our main objectives this year. Children from 4th grade express those feelings trough their work called “Chuvia de emocions”. They create some clouds and the hang some drops where they wrote how they feel.



page | by Dr. Radut