Skip to Content

reciclaxe

Patrulla de reciclaxe. Limpeza do noso patio

Patrulla de reciclaxe.

Limpeza do noso patio

Co paso dos meses comprobamos que a patrulla de reciclaxe segue facendo a súa labor de manter os patios limpos e concienciar o alumnado de seguir reciclando. Cada vez somos máis conscientes da importancia que ten manter en bo estado o medio ambiente e de non ser así, as súas consecuencias.

Restos orgánicos da froita para a nosa horta. Marzo de 2019.

Restos orgánicos da froita para a nosa horta.

Marzo de 2019.

A semana do 25 de marzo ao venres 5 de abril, tivemos o primeiro período de Froita Fresca que recibimos pola participación no Plan Proxecta aliméntate ben. Como este ano estivemos esforzándonos en reciclar cada desfeito ao seu colector, e nestas dúas semanas todos os restos orgánicos da froita foron o colector especial que temos no patio, para levar ao composteiro.

Os alumnos de 5 anos, colaborarón na selección de residuos e o transposte dos mesmos ao composteiro, para facer un bo compós para as plantas da nosa horta.

TashtagChallenge.

TashtagChallenge.

@s alumn@s de 5 anos levamos a cabo un ThashtagChallenge no patio do cole. Sairon a recoller toda a basura que @s nen@s do cole van perdendo polo patio. Con istoconseguiron ter un patio máis limpo e máis bonito para que todos disfrutemos do mesmo. Moitas grazas.

 

O mesmo fixo Gabriela de 4ºC unha alumna preocupada polo medio ambiente, que aproveitou unha tarde de lecer xunto a unha amiga, para levar a cabo un Challenge nas proximidades do Club do Remo Tui. Un moi fermoso perto do Río Miño que é digno de disfrutar sen papeis. Moitas gracias Gabriela por esta iniciativa e polos teus valores de respeto coa natureza.

 

Un partido polo planeta. Sogama.

 

Un partido polo planeta

Sogama.

Do 25 de febreiro ao 1 de marzo, o alumnado de Primaria tivemos no colexio o Xogo “Un partido polo Planeta” de Sogama. Con el tivemos a oportunidade de aprender cousas interesantes sobre a reciclaxe. Xogamos, fixemos probas e sobre todo divertímonos co compromiso, que nos marcaba o manifesto, de "reciclar na escola, na casa e na nosa vida", para ter un planeta máis limpo e mellor no futuro.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut