Skip to Content

Tarefas Erasmus+ cole

SEMANA DA PRENSA

SEMANA DA PRENSA


Co gallo da Semana da Prensa e colaborando co noso proxecto ERASMUS+, na Biblioteca tivemos ao longo da semana do 11-15 de marzo, XORNAIS  de diversos países.


Todo o colexio foi convidado a ollalos, lelos, buscar similitudes ou diferenzas entre eles… Esperamos que atopárades en tódolos idiomas do proxecto: inglés,portugués, italiano, español e galego.

 

Traballiños do Entroido 19

Traballiños do Entroido 19

Durante a semana do 25  ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido. Así que nas clases traballaron a reo para preparar as comparsas, disfraces e complementos para a festa do venres.

Lúa Meco do Entroido 19

Lúa, Meco do Entroido 2019

Durante a semana do 25  ao 28 de febreiro comezamos a desfrutar do Entroido co Meco. Lúa, transformada un curso máis en meco, foinos deixando cada día unha orde para que viñeramos con algunha cousiña que día a día se tiña que ir sumando ata converterse nun disfrace deportivo. Aquí vos deixamos as ordes e algunha mostra do ben que o pasamos. Grazas Lúa por converternos nuns deportistas de excepción.

 

 

 

TEATRO EN INGLÉS

TEATRO EN INGLÉS

O pasado mércores 13 de marzo, no teatro da Área Panorámica estiveron actuando para nos un grupo de actores da compañía “Interacting Theatre Academy”, representando tres obras distintas dirixidas a público de diferentes idades:

-“Mr Bear”, para Educación Infantil. 

-“ Rap&Pan” e “Ghost Train” para Educación Primaria.

Tódalas obras foron en lingua inglesa e permitiron aos nenos e nenas interacturar no espetáculo. Algúns puideron subir ao escenario e interpretaron diversos personaxes.

Para tod@s foi una divertida e estupenda oportunidade de escoitar, falar e cantar en inglés.

Distribuir contido


by Dr. Radut