Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

Modificacións da avaliación en ESO

Modificacións no sistema de cualificación final e promoción do alumnado (orde do 25 de xaneiro de 2022) matriculado en materias impartidas por o Departamento.

Desaparece a avaliación extraordinaria de setembro.

PROGRAMACION DIDÁCTICA - XH - 2021/2022

ALUMNO DO CPI DE VEDRA FINALISTA DA OLIMPIADA MATEMÁTICA DA ESO.

O pasado 29 de abril os alumnos de 2º ESO ALEX CABO LODEIRO E HUGO DOMÍNGUEZ CONDE participaron na fase de zona da Olimpíada Matemática de 2º ESO  que se celebrou en Santiago.

A proba consistiu na resolución individual de cinco problemas, os mesmos en todas as zonas. Na valoración dos problemas primou o método de resolución empregado, a súa orixinalidade, etc, por enriba da mera solución.

No día de hoxe, 10 de maio, saíron publicados os finalistas de cada zona, figurando na de Santiago como finalista ALEX  CABO LODEIRO, que participará na fase final galega o día 20 de maio na cidade de Lugo.

Noraboa aos dous por participar e ánimo a Alex para esta nova fase.

Programación Didáctica do Departamento de Matemáticas 20-21

En PDF adxuntos, a Programación didáctica e información básica de materia de matemáticas para o curso 20-21.

 

Programación didáctica curso 2020-2021

A continuación adxuntase a programación didactica de Fisica e Química para 2º,3º e 4º de ESO

Programación Didáctica (Completa)

Protocolo E.F. Covid-19

O ALUMNADO DE 1º ESO VISITA LUGO

O pasado xoves día 5 de marzo, o alumnado de 1º ESO visitou a cidade de Lugo nunha saída didáctica organizada polo Departamento de Xeografía e Historia.

Durante a mesma puideron contemplar parte dos fondos arqueolóxicos do Museo Provincial, en particular os restos preshistoricos, da Cultura Castrexa e da Época Romana.

Despois visitaron a casa romana DOMUS do MITREO, que contén no seu interior un templo dedicado a Mitra, e o Centro de Interpretación de Muralla.

A visita remata cun percorrido pola rolda da Muralla, que este ano veuse afectado pola chuvia que os sorpendeu durante o mesmo.

Ver fotos +

Excursión de 4º ESO ao "FERROL DA ILUSTRACIÓN" e a Fragata F-102 "ALMIRANTE JUAN DE BORBÓN"

O martes 3 de marzo o alumnado de 4º da ESO realizou, como cada ano, unha excursión a Ferrol na que visitaron o Arsenal, O Museo da Construción naval (Exponav), o barrio da Magdalena e o Castelo de San Felipe. Todas estas visitas serven para coñecer o “Ferrol da Ilustración” que é unha parte esencial da historia do s. XVIII en Galicia e España.

Ademais, nesta ocasión, tivemos a sorte de visitar a Fragata da Armada F-102 “Amirante Juan de Borbón” na que nos explicaron as características dunha fragata F-100, vimos diferentes dependencias así como informacións sobre o seu traballo a bordo do buque.

Ver fotos +

CELEBRAMOS O DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA - 11 DE FEBREIRO

Con motivo da clebración do día da Muller e a Nena na ciencia, o alumnado da materia de Igualdade de Xénero de 2ºESO, ven de traballar sobre os fitos das mulleres na ciencia cunha publicación titulada "A CIENCIA TEN XÉNERO FEMININO", que adxuntamos a continuación. Coordinou o traballo o profesor da materia, Juanma do Río

"A CIENCIA TEN XÉNERO FEMININO"

Distribuir contido


by Dr. Radut