Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

MATERIAIS DIDACTICOS de 4º ESO: A célula

UNIDADE 1: Materiais didácticos

Podes descargar nos arquivos adxuntos os seguintes materais:

1) Imaxe: O tamaño das células. Segue a seguinte ligazón para ver unha animación "flash" sobre o tamaño das células (unha vez aberto o navegador, preme en "Start the animation...").

2) Imaxe: Experimentos de Redi e Pasteur sobre xeración espontánea.

3) Imaxe: Replicación dun virus bacteriófago.

4) Comentario de texto: "Os virus, unha excepción".

VIDEO.- "Os virus" (complemento de comentario de texto):

Fonte: Canal de videos de Ciencias Naturais do IES Suel de Fuengirola (Málaga)

PLAN PROXECTA: 365 DIAS DE IGUALDADE

Dentro das actividades do Plan Proxecta, da Consellería de Educación, o noso centro participou no programa "365 días de Igualdade". Traballáronse materias nas titorías de 1º a 4º da ESO sobre a posición da muller na sociedade, no mundo laboral e os estereotipos que aínda está a sofrer, así como sobre a violencia de xénero. Aquí podedes ver os materiais, baseados en "Fíos Violeta" e "Cartas de Amor", da Secretaría Xeral de Igualdade.

1º DE ESO: MULLER E SOCIEDADE

 

 

 

2º DE ESO: ESTEREOTIPOS DE XÉNERO

 

 

 

 

3º DE ESO: A MULLER E O MUNDO LABORAL

 

 

 

CARTAS DE AMOR (1º ESO)

 

 

 

 

CARTAS DE AMOR (3º ESO)

 

 

Tamén en 2º  de ESO fixemos actividades de creación de textos cos lemas: "o meu príncipe azul é..." e "a miña princesa é..." e proxectouse o documental "mía sí, de otro no" con posteriores debates.

En 3º proxectouse o mesmo documental así como imaxes da situación laboral da muller no 3º mundo. Tamén se fixo un traballo creativo a través da elaboración de debuxos co lema "Que é ser un home e que é ser unha muller.

O alumnado de Plástica de 4º realizou unha serie de traballos sobre a violencia de xénero que podedes ver nesta proxección. Foi utilizada durante a interpretación no festival de fin de curso da canción " Si j´etais un homme", de Diane Tell, a cargo da Profesora de Plástica, como reflexión e repulsa da situación na que aínda vivimos no relativo a este tipo de violencia.

 

 

 

Tamén foi realizado un taller sobre violencia de xénero co alumnado de 4º a cargo de técnicos da Secretaría Xeral de Igualdade, cunha duración de catro horas, tralo que foron realizados dous vídeos por parte do alumnado:

 

Concurso Fotografía Matemática 2015

Aquí tendes unha escolma de fotografías presentadas ao concurso:

 

VIAXE FIN DE ESTUDOS - 4º ESO A CATALUÑA

O alumnado de 4º ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaba de regresar da súa viaxe fin de estudos a Cataluña que realizaron desde o 2 ao 8 de maio, acompañados por profesorado do centro. Durante a mesma fixeron numerosas visitas de carácter didáctico e cultural: Barcelona (Sagrada Familia, Pedrera, Parque Güell, Barrio Gótico, Camp Nou, Ramblas, ...), Tarragona (Acueducto, Anfiteatro, Circo, Catedral, Murallas, ...), Cavas Codorniu e o Mosteiro de Montserrat.  Ademais puideron disfrutar de momentos de diversión na praia de Salou e tamén no Parque temático Port Aventura.

Aquí podedes visionar algunhas imaxes da viaxe: 

 

VISITA DIDÁCTICA A CITROÉN

VISITA DIDÁCTICA A CITROÉN

VISITA DIDÁCTICA A SOTAVENTO

O Xoves 16 de Abril os alumnos de 2º ESO visitaron SOTAVENTO. Os alumnos tiveron a oportunidade de coñecer máis a fondo os temas das enerxías renovables e eficiencia enerxética.

VISITA DIDÁCTICA A RAMSA

O 26 de Marzo os alumnos de 4º ESO e 4º PDC visitan Ramsa, empresa situada en Vilaboa (Vedra)

VISITA DIDÁCTICA A SOGAMA E DOMUS

O Xoves día 12 de Febreiro os alumnos de 3º ESO visitaron a pranta de tratamento de residuos" SOGAMA" en Cerceda e o Museo do Home  na Coruña. Levouse a cabo a visita en coordinación do departamento de Tecnoloxía e Ciencias Naturais

10 características sorprendentes dalgúns animais

Interesante artigo de divulgación científica sobre adaptacións e comportamentos curiosos no reino animal:

http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2015/04/150414_vert_rasgos_ridiculos_animales_ac?ocid=socialflow_twitter

Mono

Distribuir contido


by Dr. Radut