Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Francés, Matemáticas, Orientación, Xeografía e Historia, Inglés, Música, CC. Naturais/Bioloxía, Lingua Galega, Lingua Castelá, Artes Plásticas, Tecnoloxía, Relixión Católica, Aula de Informática

VÍDEO: Subida ao Monte Pindo co alumnado de 4º ESO

ALUMNADO DE 2º ESO VISITA LUGO

O pasado martes 24 de abril o alumnado de 2º de ESO realizou unha completa visita á Cidade de Lugo. A visita estivo centrada no percorrido histórico pola cidade: Museo Arqueolóxico Provincial, ventanas arqueolóxicas con restos romanos, catedral, centro de interpretación e paseo pola muralla.

A saída didáctica está incluída na programación de actividades complementarias do Departamento de Xeografía e Historia.

Ver fotos +

ALUMNADO DE 3º ESO VISITA O PARLAMENTO, A CATEDRAL E AS RÚAS DE SANTIAGO.

O pasado día 10 os alumnos e alumnas de 3º de ESO realizaron unha visita didáctica a Santiago de Compostela organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

A visita comezou coa asistencia a un pleno do Parlamento de Galicia, no que foron citados polo Presidente e os portavoces dos distintos grupos.

Continuou co percorrido polas rúas máis destacadas contemplando elementos arquitectónicos das distintas etapas arquitectónicas: Toural, rúa do Vilar, rúa Nova, Praza de Mazarelos, Cinco Calles, Quintana, Praterías, Obradoiro, ...

Outra visita destacada foi aos tellados da Catedral, actualmen te en obras, que foi todo un descubrimento e sorpresa para todos.

Rematou o día coa visita ao Museo do Pobo Galego con dous puntos destacados: Panteón de Galegos Ilustres e a Escaleira Helicoidal barroca diseñada por Domingo de Andrade.

Ver fotos +

CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE. 3º ESO - 6º PRIMARIA

A última semana de febreiro o alumnado de 3º de ESO e o  de 6º de Primaria participaron no Programa "CIBERMANAGERS POLA IGUALDADE". Este programa promovido pola Secretaria Xeral de Igualdade e coordinado polo Departamento de Orientación do CPI, contou coa intervención dunha especialista da Asociación Pantallas Amigas que impartiu os cursos.

O proxecto baseado na aprendizaxe servizo solidario a través do cal,  o alumnado maior do centro é capacitado para converterse en referente dos seus compañeiros e compañeiras máis xóvenes no uso seguro e saudable das novas tecnoloxías, mentras adquiren competencias curriculares e potencian as suas habilidades para a vida diaria.

Houbo unha xornada inicial de formación conxunta para todo o alumnado de 3º ESO. Na segunda e treceira xornadas voluntarios de 3º de ESO profundizaban para converterse en "cibermanagers da igualdade", e asi facer unha ultima xornada para o alumnado de 6º de Primaria.

Ademais houbo unha xornada informativa cos pais e nais do alumando de 6º de Primaria.

Ver fotos +

XORNADA PREVENCION DE CONDUTAS DE RISCO NA ADOLESCENCIA - 3º e 4º ESO

Este pasado luns, día 26 de febreiro, tivo lugar no CPI Plurilingüe de Vedra unha xornada do Programa "Ktorce-18" con alumnado de 3º e 4º de ESO. Foi impartida pola Fundación Arela, sobre contidos relacionados coa Lei do Menor e a súa relación con condutas de risco na adolescencia e a súa prevención.

4ºESO VISITA O FERROL DA ILUSTRACIÓN

Este martes 24 de outubro o alumnado de 4º de ESO visitou a cidade departamental de Ferrol, onde puideron percorrer rúas e instalacións da cidade con visitas guiadas moi atractivas e novidosas como a Fragata "Alvaro de Bazán F-101" ou o Barrio da Magdalena, dentro dun conxunto que funde as súas raíces na Ilustración da época do rei Carlos III. A visita estivo coordinada polo Departamento de Xeografía e Historia.

LER MÁIS       VER FOTOS       FERROL. PATRIMONIO MUNDIAL

MÁIS SOBRE A FRAGATA "ALVARO DE BAZÁN"

 

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este martes 16 de maio, o CPI de Vedra sumouse ao festexo das Letras nunha sesión de festa e xogos.

A rapazada de educación infantil comezou con canto e baile. A peza elixida foi “Pingacho”.

A continuación, xa todo o alumnado de educación primaria e ESO e o profesorado, honrou a Carlos Casares interpretando, en primeiro termo, o himno galego.

Tamén se aproveitou esta xornada de celebración para entregar os premios do certame de declaracións de amor que convoca cada curso o Departamento de Lingua Galega para alumnos/as de ESO. Os gañadores foron, por categorías, Ángel Mouro e Lucía Castro (1.º ESO), Paula Vázquez e Abraham Raviña (3.º ESO) e Cristina Santalla (4.º ESO).

A xornada rematou cunha sesión de xogos tradicionais que todos os rapaces tiveron ocasión de practicar a súa destreza coa estornela, os bólos celtas, a corda, as chapas, o tres en raia…

Esta semana podemos contemplar, así mesmo, nos corredores do centro máis dun cento de fotografías das distintas actividades que se fixeron ao longo deste curso dentro do proxecto de dinamización Vedra Medra.

Ver fotos +  

Actividades Letras Galegas: CORRELINGUA e EXPOSICIÓN "As caras dos libros"

O luns día 8 de maio o alumnado de 1º e 2º de ESO, coma en anos anteriores, participou no "Correlingua", en defensa da Lingua Galega, que este ano levaba o lema: "O galego, sen cancelas".

Ler máis +

Ver fotos +

Estes mesmos grupos de ESO visitaron a exposición "As caras dos libros. Os deseños das portadas nas obras de Carlos Casares", instalada na biblioteca municipal. Esta exposición, cedida temporalmente pola Asociación Cultural Rocha Forte de Santiago de Compostela, púdose visitiar esta semana no referido espazo.

Ler máis +

Ver fotos +

 

VIAXE FIN DE ESTUDOS A PARÍS - 4º DE ESO

     Os alumnos e alumnas de 4° da ESO do CPI Plurilingüe de Vedra acaban de realizar unha viaxe fin de estudos a París entre os días 1 e 5 de maio, onde coñeceron os principais monumentos da cidade francesa, como a Torre Eiffel, a Catedral de Notre Dame, os Museos  de Louvre e d'Orsay, o barrio de Montmartre e tamén  visitaron o Palacio de Versalles e Eurodisney.

Viaxaron un total 26 alumnos/as acompañados polos seus profesores do Departamento de Xeografía e Historia.

 

Ver fotos +

 

3º ESO VISITA O PATRIMONIO DE VEDRA

O alumnado de 3º de ESO ven de realizar varias visitas dentro do concello: Pazo de Ortigueira, Igrexa da Madanela, Igrexa de San Mamede, ..., dentro dunha actividade organizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o proxecto VEDRA MEDRA para darlles a coñecer o patrimonio vedrés.

Ler máis+

Ver fotos+

Distribuir contido


by Dr. Radut