Charla- Coloquio: Medrar dun xeito saudábel nun mundo dixital

O vindeiro mércores 13 de decembro ás 17:30h terá lugar, no IES As Bizocas, unha charla sobre o impacto da dixitalización, dirixido a pais, nais e profesorado.

Máis información no documento adxunto.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO 2023-2024

 

 

As clases no IES As Bizocas comezarán o luns 11 de setembro no horario habitual (de 08:35h a 15:00h). Haberá servizo ordinario de transporte escolar.

 

O profesorado titor entregaralle tanto os libros de texto de préstamo coma os vales para a adquisición de material escolar ao alumnado do seu grupo que resultou beneficiario das axudas.

 

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros/axudas material

 

Publícase no taboleiro do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do fondo solidario de libros de texto/axudas material, especificando os libros concretos que se prestan. Os libros, así coma o vale para adquirir material escolar, repartiranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

 

 

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros

Hoxe, 11 de xullo, publícase no taboleiro do instituto a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas do fondo solidario de libros de texto. Prazo de reclamacións: 2 días.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas, especificando os libros concretos que se lle prestan ao alumnado beneficiario, está previsto que se publique o 14 de xullo.

 

 

PRAZO DE SUBSANACIÓN DAS SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – AXUDAS MATERIAL ESCOLAR:

 

Publícase, no taboleiro interior do instituto, a relación de solicitudes con deficiencias detectadas para que as persoas interesadas poidan emendalas e/ou presentar a documentación preceptiva para a tramitación do Fondo Libros/Axudas material para o curso 2023/2024.

Esta listaxe poderá consultarse presencialmente no instituto entre as 09:00h e as 14:00 horas. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FondoLibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

 

 

 

Calendario de exames

Publícase o calendario de exames.

Fondo solidario de libros de texto / axudas para adquirir material escolar, curso 2023/2024

 

No DOG do 19/05/2023 publicouse a ORDE do 10 de maio da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que regula, para o curso 2023/24:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (en 1º e 3º ESO manteranse os libros de texto do curso 2022/23, para 2º e 4º ESO o centro adquirirá novos libros para repartir en préstamo entre o alumnado beneficiario).

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

 

O prazo de solicitudes vai do 20 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

 

Teñen toda a información nos dous arquivos que se achegan e mais en https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2023/2024

 

Publícanse as listaxes definitivas de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2023/2024.

Poden consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación “AdmisionAlumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

Infórmase de que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo resultaron admitidas.

 

Distribuir contido