Fondo solidario /axudas libros de texto e material para 2022/2023

 

No DOG de hoxe, 18/05/2020, publicouse a ORDE do 29 de abril da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que regula para o curso 2022/23:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (en 2º e 4º ESO manteranse os libros de texto do curso 2021/22, para 1º e 3º ESO o centro adquirirá novos libros para repartir en préstamo entre o alumnado beneficiario).
- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

O prazo de solicitudes vai do 19 de maio ao 22 de xuño, incluído.

Teñen toda a información nos arquivos que se achegan.

 

LISTA DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2022/23

 

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2022/2023.

Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado", identificándose previamente, se a solicitude se fixo por ese medio. Infórmase de que todas as solicitudes de admisión para 1º ESO resultaron admitidas.

 

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ALUMNADO ADMITIDO PARA 2022/23

Publícase a listaxe provisional de alumnado admitido/excluído para estudar no IES As Bizocas no curso académico 2022/2023.

Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación "admisionalumnado", identificándose previamente, se a solicitude se fixo por ese medio. Infórmase de que todas as solicitudes de admisión para 1º ESO resultaron admitidas.

Poderán formularse reclamacións no prazo de 5 días hábiles, contados dende o seguinte ao da publicación desta listaxe. A estimación ou desestimación das reclamacións formuladas entenderase realizada a través da publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas.

 

Vacantes e proceso de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2022/2023

 

O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2022-2023 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo, preferentemente por vía electrónica, ou de xeito presencial no instituto solicitando CITA PREVIA chamando ao 886 151 420 (para a tramitación presencial o prazo de entrega de solicitudes remata o 21 de marzo).

 

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES en cada un dos cursos é a seguinte:

- 1º ESO:  5 (+6 NEEAE)
-
2º ESO:  10
-
3º ESO:  3
-
4º ESO:  26 

 

Teñen toda a INFORMACIÓN do proceso de admisión e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado

Acceden así a unha APLICACIÓN na que poden cubrir a SOLICITUDE DE ADMISIÓN, marcar os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se valoren e presentala xa por vía electrónica (utilizando Chave365, dni-e ou certificado dixital), ou cubrila na aplicación, imprimila e asinala para presentala presencialmente no instituto (con CITA PREVIA). Neste último caso presentarase asolicitude no instituto no que solicite praza en primeiro lugar, empregando ese formulario oficial (Anexo II).

Lémbrase que co Anexo II de solicitude deberán achegar:

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (isto é, dni ou libro de familia).

- Certificado de matrícula do curso actual.

- Se é o caso, convenio regular ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio onde conste a custodia do/da menor.

Non será necesario presentar máis documentación, salvo que se opoñan á consulta automática dos datos.

Se o número de solicitudes é superior ao de postos dispoñibles haberá que BAREMAR. Nese caso publicarase un aviso para que as familias presenten no instituto (entre o 24 de marzo e o 6 de abril) a documentación xustificativa dos criterios alegados na solicitude.

 

NOTAS DE INTERESE:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. Esta poderá anularse mediante a presentación doutra solicitude de admisión posterior indicando expresamente por escrito que queda sen efecto a anterior. O alumnado que tivese posto reservado en centro de adscrición poderá presentar solicitude de admisión se acredita que renunciou ao posto reservado antes do comezo do prazo de admisión.

2. O alumnado que ten garantía depermanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O actual alumnado do IES As Bizocas ten garantida a súa permanencia para cursar as ensinanzas de ESO neste centro. Porén, o alumnado matriculado en 4º ESO debe presentar a solicitude de admisión no instituto da súa elección onde queira continuar os estudos.

3. As familias deben ser conscientes de que únicamente o alumnado que segundo o domicilio alegado a efectos de valoración estea na zona de influencia deste centro terá dereito ao servizo de TRANSPORTE ESCOLAR ofrecido pola Xunta de Galicia.

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).

 

OUTRA INFORMACIÓN:

- Centros adscritos: CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán.

- Servizos complementarios: transporte escolar.

 

 

RESERVA DE PRAZAS: Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos

 

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva efectuadas en prazo e rexistradas polos centros adscritos, CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán, para cursar 1º ESO neste instituto durante o ano académico 2022/2023.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais, esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios do instituto, onde se poderá consultar presencialmente, e mais telemáticamente na aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ á que poden acceder empregando a Chave365 ou certificado dixital.

 

CAMBIO NA EMPRESA DE TRANSPORTE ESCOLAR

A partir do luns 10 de xaneiro de 2022, a empresa de autobuses que realiza o transporte escolar pasa a ser AUTOCARES AROSA BUS en tódalas liñas agás na de San Vicente, onde a empresa segue a ser a mesma, é dicir, MONBUS.

 

Rogamos que o alumnado espere nas paradas habituais con antelación, coma se fai ó comezo de curso, os horarios iranse axustando no transcurso dos días.

 

Moitas grazas pola vosa comprensión e colaboración.

 

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PRODUTOS DE HIXIENE INFANTIL

Esta recollida levarase a cabo no centro ata o 17 de decembro, na biblioteca.

Animamos á comunidade educativa a colaborar nesta iniciativa solidaria impulsada polo alumnado de 4ºESO de valores éticos en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia.

Precisamos, sobre todo produtos de hixiene infantil (cueiros, toalliñas húmidas, xabón, peites, cepillos e pasta de dentes infantil, xampú,...) aínda que tamén podedes contribuír con produtos para persoas adultas.

 

Grazas pola vosa colaboración!

CHARLA JAVIER OLLEROS - 4/11/2021

O pasado 4 de novembro, veu visitarnos Javier Olleros, cociñeiro e propietario do restaurante Culler de Pau, que conta con dúas Estrelas Michelín e unha Estrela Verde.

Impartiu unha charla ao alumnado de 3º e 4º sobre como aplican o valor de sostibilidade ao seu labor diario no restaurante. Durante os 50 minutos que durou a charla,Javier non só falou de sostibilidade, ecoloxía ou economía circular, se non que tamén falou da importancia de respectar e valorar o noso patrimonio cultural, do importante que é a axeitada xestión dos recursos humanos; da necesidade de valorar e pór en valor a aportación de cada persoa ao éxito dun proxecto e animou ao noso alumando a crer en si mesmos e perseguir os seus soños.

Resolución do procedemento de distribución de máscaras: alumnado beneficiario

 

Dado que no prazo establecido para esta convocatoria pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade non se presentou ningunha solicitude, o alumnado que resulta beneficiario das máscaras coincide co alumnado que foi beneficiario este curso 2021/22 do vale para adquirir material escolar.

A listaxe definitiva de alumnado beneficiario pódese consultar no taboleiro do centro.

O instituto entregará directamente as máscaras a este alumnado o antes posible, en canto dispoña delas.

Distribuir contido