ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

 

Achégase un documento con información sobre as eleccións ao Consello Escolar.

O 28 de outubro realizarase no instituto o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral, órgano encargado da organización e supervisión deste proceso electoral.

 

Plan Dixital

No ficheiro adxunto pódese consultar o Plan Dixital do centro.

Ampliación da axuda para adquirir material escolar (DOG de 14 de outubro de 2022)

Publicouse hoxe no DOGA a concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, ampliación por valor de 25 euros.

Para a entrega dos vales, o centro seguirá o mesmo procedemento que para a entrega dos vales anteriores. Serán as titoras e os titores os que farán esta entrega ao alumnado nos próximos días.

Estes valen deben empregarse nas librarías/establecementos, preferentemente antes do 1 de decembro de 2022.

A Dirección

LISTAXE DEFINITIVA DE SOLICITUDES ADMITIDAS/EXCLUIDAS DO PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO. CURSO 2022-2023

Hoxe 13 de xullo, publícanse as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-axudas material 2022-2023, convocado pola Consellería de Educación, para estudar no IES As Bizocas durante o curso 2022/2023. Na listaxe definitiva indícanse os libros que se prestarán a cada alumno/a. Poden consultala no taboleiro do noso centro ou por vía electrónica a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Os libros ENTREGARÁNSELLE ao alumnado durante os primeiros días de clase, xunto cos vales para mercar material escolar. Estes vales entregransea aquel alumnado que cumpla os requisitos para elo.

Saúdos,

A Dirección

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros

Está xa publicado no taboleiro de anuncios do noso centro, a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas do fondo solidario de libros, estando todas as solicitudes admitidas.

O periodo de reclamacións é de 2 días a partir do seguinte á publicación desta listaxe.

A listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados, publicarase antes do día 22 de xullo.

As persoas solicitantes poden consultar esta listaxe no noso taboleiro, ou tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros e empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

 

DATAS MATRÍCULA CURSO 2022/2023

A matrícula para o curso 2022/2023 levarase a cabo nos seguintes días:

- 28 de xuño: 4ºESO

- 29 de xuño: 3ºESO

- 30 de xuño: 2ºESO

- 1 de xullo: 1ºESO

O 27 de xuño, xunto coas notas, ao alumnado entregaráselle o sobre de matrícula.

Para o alumnado procedente doutros centros, que se incorpora a 1ºESO, entregaráselle o sobre na reunión do 20 de xuño, ás 18:00. De non ser posible acudir a dita reunión, poderán pasar polo centro noutro momento a recollelo.

REUNIÓN COAS FAMILIAS DE 6º PRIMARIA, QUE COMEZARÁN NO NOSO IES NO CURSO 22/23

O vindeiro luns 20 de xuño, ás 18:00, na sala de usos múltiples, farase unha reunión coas familias do alumnado que se incorporará a 1ºESO o vindeiro curso 22/23. Nesa reunión darase información sobre a organización do centro, entregaranse os sobres de matrícula e solventaranse as dúbidas que poidan ter as familias.

Axudas MUNICIPAIS para libros de texto

 

Trasladámoslles información da Concellaría de Servizos Sociais do Concello do Grove, que informa de que a partir do día 1 de xuño e ata o 30 do

mesmo mes estará aberto o prazo de presentación das solicitudes de axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar do vindeiro

curso 2022-2023, dirixidas a Educación Infantil, Ensinanza Primaria e Ensinanza SecundariaObrigatoria.

 

 

 

Distribuir contido