Canguro matemático

O día 23 de marzo 28 alumnos e alumnas do IES de Fene participaron na decimosétima edición do concurso Canguro Matemático.

 
Despois de repartir as follas nas que había que escribir as respostas e indicar as normas do concurso, abrimos o sobre pechado e a proba deu comezo ás 16:30 horas.

A proba consiste en 30 preguntas tipo test de dificultade crecente divididas en tres bloques de 10 preguntas. O tempo asignado para a proba é dunha hora e quince minutos. Este ano só participaron os cursos impares do instituto, xa que asistiu alumnado de 1º e 3º da ESO e de 1º de Bacharelato. Os asistentes recibiron un obsequio pola súa participación. Agardamos que o alumnado se anime a participar de novo en anos próximos!

 

Se desexades ver probas doutros anos ou ter máis información do concurso, acudide á páxina web do mesmo:
http://www.canguromat.org.es/