I OLIMPIADA DE TEXTOS CLÁSICOS

  Tres alumnos de 2º de Bacharelato, J. Carlos García Vega, Marina Martínez Sande e Roberto Rivas Couce, participaron na Primeira Olimpiada de Traducción de Textos Clásicos (Latín e Grego) celebrada en Santiago de Compostela o pasado mes de abirl. Marina resultou gañadora da proba de Grego e recibiu como premio un diploma, unha medalla, unha coroa de olivo e un cheque de 250 euros, premio que lle foi entregado o día 27 de maio na Facultade de Filoloxía da USC. Parabéns, Marina!