PLAN PROXECTA

Este curso, desde o Departamento de Matemáticas, traballamos cos alumnos de 1º, 2º, 3º de ESO e FP Básica en dous programas, "Consumópolis" e "Salvavidas", dentro do plan Proxecta, que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Para desenvolver "Consumópolis", traballouse con 22 alumnos de 1º ESO e 17 de 2º ESO, que tiveron que superar unha primeira fase participando nun concurso on line sobre o consumo, e despois nunha segunda fase, tiveron que elaborar unhos carteis que reflectiran a evolución do consumo desde os anos 80 ata a actualidade, e unhas memorias finais do proxecto en xeral. Parece bastante importante con este tempo de crise e recortes, sobre todo no noso ámbito, o educativo, concienciar aos alumnos sobre a relevancia dun consumo responsable, non só polo aspecto económico senon tamén para promocionar un consumo saúdable e sostible. Deste xeito podemos conseguir ser persoas responsables e cun estilo de vida más axeitado ao noso tempo. 

En canto a "Salvavidas", o traballo se fixo con 18 alumnos de 3º ESO e 10 alumnos de FP Básica, e o obxectivo central  foi a creación dun proxecto interdisciplinario que traballe a doazón e o transplante de órganos desde diferentes perspectivas, de modo que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos. Pensamos que un dos aspectos máis importantes para a toma de conciencia da importancia de doar órganos é unha sociedade informada, por iso dar resporta ás inquietudes que aparecen sobre esta problemática aféctanos a todos, e tamén á comunidade educativa, e por iso, nos pareceu interesante participar neste proxecto.

Aquí se amosan as memorias e carteis dos traballos feitos polos distintos grupos de 1º e 2º de ESO de "Consumópolis":

 

Memoria 5 fantásticos Memoria Littlegenius Memoria Nanearsali Memoria Strongers

 

 

Memoria Marte Memoria Mercurio Memoria Saturno