Plan Proxecta no IES de Fene - curso 2015-2016

Este curso, desde o Departamento de Matemáticas, volvemos traballar cos alumnos de 2º de ESO e FP Básica en dous programas, "Consumópolis" e "365 días de respecto e igualdade", dentro do plan Proxecta, que é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Para desenvolver "Consumópolis", traballouse con 22 estudantes de 2º ESO, que tiveron que superar unha primeira fase participando nun concurso on line sobre o consumo, e despois nunha segunda fase, tiveron que elaborar unhos vídeos que reflectiran as diferencias entre os hábitos de  consumo dependendo da cultura e do país, e unhas memorias finais do proxecto en xeral. Parece bastante importante con este tempo de crise e recortes, sobre todo no noso ámbito, o educativo, concienciar ao alumnado sobre a relevancia dun consumo responsable, non só polo aspecto económico senon tamén para promocionar un consumo saúdable e sostible. Deste xeito podemos conseguir ser persoas responsables e cun estilo de vida más axeitado ao noso tempo. 

En canto a "Por 365 días de respecto e igualdade: prevención da violencia de xénero no ámbito educativo", o traballo se fixo con todos os alumnos de FP Básica, e tivo como obxectivo principal proporcionarlles áos nosos alumnos e alumnas, formación e ferramentas que lles permitan coñecer e recoñecer a violencia contra as mulleres, e actuar na súa prevención, fomentando a autoestima, a autonomía, o coñecemento da construción social das súas identidades sexuais e a asignación de roles, para poder traballar na eliminación de estereotipos sexistas e de falsas crenzas.

Aquí se amosan as memorias e os vídeos elaborados polos alumnos de 2º de ESO de "Consumópolis":

Memoria DANESALIAL

Memoria The A Team

Memoria Las poderosas

(Os restantes vídeos serán engadidos en breve)