Intercambios

Vista de docentes e alumnado de Lodz, Polonia, na ultima semana de marzo

Do 27 ao 31 de marzo estiveron con nós un grupo de docentes e estudantes polacos da cidade de Lodz desenvolvendo un proxecto acerca de Economía e creación de empresas xunto con alumnado do IES de Fene de 1º de bacharelato. Simularon crear innovadoras empresas por parte de varios equipos compostos de estudantes de ambos países. Tamén visitaron a cidade de A Coruña e os museos científicos e asistiron ao festival "A mocidade coa lingua" o xoves. Foi unha experiencia moi enriquecedora para a comunidade educativa, como todas nas que se participa xunto con alumnado e profesorado doutros países

     
      
 

 


 

Visita de alumnado e profesorado de Lodz, Polonia

O pasado outubro, tivemos con nos a un grupo de estudantes polacos, país co que anualmente mantemos relación a través de diversas actividades organizadas polos profesores do instituto VI LO im. Joachima Lelewela de Łodzi (Polonia).

Os alumnos polacos visitaron, cos alumnos do IES de Fene, a cidade de Santiago e compartiron con nós tres días no instituto, días de xogos e actividades conxuntas, das que vos ensinamos algunhas fotos.

Eles, xa pola súa conta, visitaron tamén Coruña, Betanzos e Pontedeume, e percorreron varias localidades de Ferrol, as nosas praias e castelos, das que destacaron a súa beleza.

Esperamos que esta experiencia quede no recordo dos nosos alumnos do IES de Fene como o inicio dunha andadura de intercambios con estudantes doutros países (cando se empeza, hai que repetir…) que continúe ao longo dos anos e dos países!

Saúdos e voltade, alumnos de Łodzi!

Grupo de Lodz -Polonia- comparten proxecto co IES de Fene

Durante a semana do 20 ao 25 de outubro, un grupo de 15 alumnos  e 3 docentes procedentes de Lodz, Polonia, estiveron desenvolvendo un proxecto xunto con alumnado de 4º de ESO da materia de Economía. Dito proxecto aborda temas como a búsqueda de emprego, o mecado laboral para mozos e mozas, traxectoria profesional, competencias clave a desenvolver, etc,  e tamén abordaron aspectos como intelixencia emocional, pensamento crítico, coordinación e cooperación, toma de decisións, avaliaciòn de situacións e de forma especial a creatividade.

Visitaron Santiago onde fixeron xogos nas rúas como parte do proxecto, A Coruña, Betanzos, Pontedeume, etc. E fixeron unhas actuacións especialmente para o resto do alumnado no salón de actos do IES de Fene. Uns días inesquecibles para tod@s nos que se compartiron moitas experiencias e aprendizaxes de cara ao seu futuro laboral, pero o especialmente enriquecedor foi o contacto entre alumnado de diferentes países durante esta semana

     
     

O alcalde de Fene recibe a un grupo de estudantes polacos no IES

O pasado martes día 20, un grupo de oito estudantes e un profesor procedentes de Polonia foron recibidos polo alcalde de Fene, a directora e un dos coordinadores de Programas europeos  nun acto que tivo lugar no salón de actos do centro.

Este grupo de alumnos estarán durante dúas semanas facendo prácticas nos talleres de Mantemento de Vehículos do IES de Fene, prácticas que son impartidas polos docentes deste departamento. Tamén teñen programadas visitas a concesionarios, ITV e desguaces da zona co fin de completar esta formación práctica, así como tamén algunhas visitas turísticas a Santiago Coruña, Pontedeume e Ferrol.

Ver Galería de Imaxes

 
     

Alumnos e profesores procedentes de Italia visitan o IES de Fene

04/02/2014 08:54
Atlantic/Bermuda

Dentro da ampla actividade desenvolvida polo IES de FENE, en programas europeos,  o martes dia 4 de Febreiro un grupo de 37 alumno@s italian@s e 3 profesoras visitan o noso centro. O mércores as 10:00 horas haberá unha recepción no salón de actos de FP por parte do Equipo Directivo e do alcalde de Fene (ao finalizar, un grupo de alumn@s do centro tocarán musica tradicional). Os alumn@s visitarán as aulas, instalacións e talleres do noso centro. O xoves o grupo de italianos xunto con alumn@s do IES visitarán o museo EXPONAV e o Arsenal militar de Ferrol . O venres desprazaranse a Santiago de Compostela e  o sábado visitaran A Coruña.

A comunidade educativa do Instituto dalles a benvida e desexa que a estadía en Galiza e no IES sexa satisfactoria
 

Novo entorno web para os proxectos europeos

Estreamos un novo entorno web para os proxectos europeos desenvolvidos no noso IES, pretendemos que sexa unha ferramenta de comunicación dos participantes e  ademais informar, a todos os interesado, do traballo que se esta a facer. O enderezo web é: www.europa.net16.net 

Distribuir contido