Leonardo

Diario de moblidade SKILL4U: Rennes, outubro 2014

Esta é unha presentación feita polos estudantes Julián e David  durante a súa visita a Rennes durante a súa visita a Rennes en outubro de 2014, dentro do proxecto Leonardo SKILL4U

Diario de mobilidade a Rennes

 

 

Proxecto de creación do logo de SKILL4U

Esta presentación amosa o proceso de creación e deseño así como variaciónos do mesmo e posibles aplicacións do logo de SKILL4U por parte do seu autor David Seoane, alumno que participou neste proxecto Leonardo e rematou o bacharelato en maio pasado

Proceso de creación do logo

 

 

 

SKILL4U. Elaboración do logo de skill4u no taller de soldadura

 Esta é unha presentación acerca da elaboración do logo de SKILL4U no IES de Fene. Foi feita no taller de soldadura por profesores e varios alumnos do centro

PRESENTACIÓN

 

 

 

 

Proxectos europeos. SKILL4U. Enquisa sobre as practicas noutros países

Enquisa feita por dúas alumnas que participaron no proxecto Skill4u.eu, Andrea e Maite, entre o alumnado de ciclos formativos do IES de Fene. A enquisa pretende averiguar as opinions dos estudantes acerca da posibilidade de realizar as súas prácticas en empresas noutros países europeos

 Resultados da enquisa

 

 

Mobilidade a Bladel, Países Baixos

Do 22 ao 27 do pasado mes de marzo, dous docentes e duas alumnas viaxaron a Bladel, Países Baixos, para participar no colexio PiusX desta localidade na derradeira reuión do proxecto Leonardo "Skill4u". Nestes encontros rematouse de presentar a documentacion elaborada relativa á realización das prácticas de alumnado de FP noutros países, a organización da "landing week" destes alumnos e a proposta dunha enquisa a realizar entre potenciais candidatos, así como e a organizacion e creacion de contidos na páxina web que se está a crear. Foi unha experiencia moi interesante para todos os participantes

 

                                                                                       

Alumnos do IES de Fene en Alemania. Programa Leonardo LdV IVT - OAPEE

Aquí temos un video feito por tres alumnos do centro, Alberto, David e Julio, no que podemos ver un pequeno resumo da súa estancia na cidade de Cuxhaven (Alemania) durante as catro semanas de prácticas en empresa que fixeron alí dentro do proxecto Leonardo de Programas Europeos, entre novembro e decembro de 2014,   
(Se non visualizas o vídeo, preme aquí)

Skill4u, estadía en Rennes. Entrevista en Radio Fene

Con motivo da recente estadía en Rennes de dous alumnos, duas profesoras e un profesor do IES de Fene, Radio Fene entrevistou recentemente a algúns deles. Nesta vila da Bretaña francesa tivo lugar unha xuntanza de profesores e alumnos de Holanda, Noruega, Polonia, Francia e Fene  no marco do proxecto "skill4u"

Entrevista a Julián e David: 

 Entrevista a María Nogareda: 

 

Mobilidade á Bretaña

 

Dous estudantes e tres profesores do noso centro participaron nunha mobilidade a Rennes dende o 13 ao 17 de outubro. 

Esta mobilidade está enmarcada dentro do programa de Proxectos Europeos Leonardo "Skills4u" no que participamos con socios franceses, holandeses, noruegos e polacos. 

Durante estes encontros fíxose unha posta en común das actividades xa feitas e establecéronse os criterios para as que quedan por facer, pois unha vez rematado o proxecto, en 2015, este terá unha continuidade no tempo pois o alumnado de FP poderá realizar as prácticas de FCT nalgún dos países participantes.

A experiencia resultou moi positiva, tanto para o alumnado como para o profesorado, e no seguinte enlace podedes escoitar o que supuxo para eles a oportunidade de poder participar neste intercambio.

 

Alumnos españois e franceses cos profesores participantes.

 

Proxecto Leonardo - Abril 2014

Video realizado por estudantes franceses do 20 ao 25 de abril durante a súa visita con motivo do proxecto Leonardo LDV Partnership que  tivo lugar o IES de Fene e no que participaron profesores e alumnos de Francia, Noruega, Holanda, Polonia e Fene.

No seo de este programa estase a crear unha páxina web www.skill4u.eu, que porá en comunicación a estudantes, profesores e empresas implicadas nas prácticas que os alumnos de FP de distintos países fan noutros países, sendo financiado todo isto con fondos europeos

Alumnos e profesores de Marsella, que participan nos proxectos europeos, visitan o IES de FENE

Durante esta  semana contaremos no IES coa visita dun grupo de alumnos e dous profesores procedentes de Marsella que participan en proxectos europeos. Os alumnos que participantes realizarán prácticas en empresas da comarca . Benvid@s!

 

 

 

Proxectos europeos do IES de Fene: con centos escolares de Portugal, Holanda, Alemaña e Dinamarca

Durante esta semana,   ata o venrese  30 de novembro, o IES FENE é o anfitrión dunha visita preparatoria do proxecto Leonardo dá Vinci. Un grupo de 7 profesores procedentes  de Portugal, Holanda, Alemaña e Dinamarca están   no noso centro para ultimar o proxecto Leonardo Partnerships, un proxecto similar ao Comenius que actualmente estamos desenvolvendo.

Este proxecto Leonardo, en caso de ser aprobado, terá unha duración de 2 anos e desenvolverase de modo análogo ao Comenius. A idea é crear unha plataforma web que ofreza información actualizada sobre empresas que estean dispostas a recibir alumnos en prácticas, información útil de cara  a xestionar o aloxamento e transporte, medios para tutorizar os alumnos, etc.

Este é un proxecto aberto aos claustros dos centros participantes. De feito contémplase tamén a participación dos alumnos no que respecta á presentación do centro, comarca e rexión entre outras cousas.

Distribuir contido