2013/14

Premio de cooperativismo no ensino aos Siareiros da palabra. Club de lectura.

Os membros do Club de Lectura andiveron ao longo do mes de maio e xuño de "contacontos" polos centros educativos do concello, contanto para os máis pequenos algúns dos contos clásicos. Esta actividade foi premiada como podedes ver no seguinte enlace. PREMIO

Premio de cooperativismo no ensino aos Siareiros da palabra. Club de lectura.

O PCPI vai de visita ao Grove

Os alumnos/as do PCPI foron o luns 16 de xuño de visita ao Grove e Cambados, onde puideron visitar distintos lugares como o Acuario e algunhas empresas vitivinícolas.

O PCPI vai de visita ao Grove

Viaxe ás Illas Cíes

O 20 de xullo os alumnos/as de 4º da ESO despediron o curso cun atractivo viaxe ás Illas Cíes, onde ademais de pasear polas illas, e dar un baño, tiveron un retorno moi divertido con sesión de baile no barco como se pode apreciar na foto.

Viaxe ás Illas Cíes

2014 Teatro Popular Galego 2.0.

O 19 de xuño tivo lugar unha nova representación da nosa compañía de teatro escolar "Mutis polo Foro" na que a partir de textos de teatro popular, aínda que de autores recoñecidos como Blanco-Amor, Castelao ou Prado Lameiro, tentamos actualizalos e adaptalos a estes tempos nos que se impoñen as novas tecnoloxías.

Visitamos Cans

O Festival de Cans reafírmase unha edición máis no seu compromiso coa formación. Dende hoxe ata o venres, máis de 700 estudantes de centros de ensino do Porriño e arredores achegaranse a Cans para coñecer de primeira man as interioridades do audiovisual galego, dentro do Programa Cans de Futuro. A eles está previsto que se unan 300 máis procedentes de ensino medio, escolas de audiovisual e universidades, que asistirán a outras actividades como A qué andas? ou Café con Crea, o venres pola mañá.

Aos nosos alumnos/as de 1º da ESO tócalles hoxe.

 

Visitamos Cans

Visita a Campo Lameiro

O pasado xoves 15 de maio os alumnos/as de 1º da ESO fixeron unha viaxe no tempo visitando o museo etnográfico de Campo Lameiro. Toda unha experiencia!

Visita a Campo Lameiro

Powered by Drupal - Design by artinet