Música

Concerto da Orquestra do IES Pedra da Auga para 3º ESO.

Concerto de 3ºESO no auditorio de Salceda

O pasado luns 27 de marzo o alumnado de 3ºESO tivo a oportunidade de acudir ao auditorio do concello e escoitar en directo un concerto da Orquestra do IES Pedra da Auga de Ponteareas, formado por alumnado de distintos niveis dese centro ponteareán.

Alí, o alumnado puido escoitar e gozar de curiosas e fermosas versións de temas clásicos da música pop, como “Viva la vida” de Coldplay, “We will rock you” de Queen ou “Color esperanza” de Diego Torres.

 

O departamento de Música, organizador desta actividade, quere agradecer ao alumnado participante a súa boa disposición e atención durante o concerto, así como á Orquestra do IES Pedra da Auga e á súa coordinadora, Paula Carreras, por esta exemplar iniciativa educativa.


 A orquestra do IES Pedra da Auga deu un concerto ao alumnado de 3ºESO do IES Pedras Rubias

Taller de Percusión

O martes 4 de febreiro, o alumnado de 3º ESO e o grupo de 4º ESO que ten música estiveron nuns talleres de percusión impartidos polo profesor Didier Díaz de Eco percusión.

No taller traballamos co instrumentos de material reciclado como botes de pintura e os alumnos/as aprenderon a coller as baquetas, a tocar diferentes ritmos e o máis importante, a facer a unión dos distintos ritmos nunha pequena peza de percusión coa participación de todas as persoas do grupo. Aprenderon a importancia de facer ben o traballo cando estou nun grupo para que o grupo funcione ben e como cada papel é importante.

Traballamos a coordinación das mans e a concentración. Todos os grupos saíron contentos co resultado e a actividade foi divertida e interesante á vez.

Taller de Percusión

Obradoiro de música con Pancho Álvarez

O pasado 26 de abril, visitounos Pancho Álvarez, músico  e compositor de O Porriño vinculado á música tradicional. Un privilexio contar coa súa presenza e o seu saber. Gran instrumentista de corda como o violín, a zanfona, a mandolina, o bouzuki,  etc...

Pancho realizou para o alumnado de 4º ESO unha clase maxistral sobre instrumentos medievais, algún vencellados ao Pórtico da Gloria da catedral de Santiago de Compostela e do Pórtico do Paraíso da catedral de Ourense.

Unha Giga ou fídula en oito, unha cítola medieval,  unha arpa,  a fídula do ancián nº 24 do Pórtico da Gloria  ou a giga do rei David da porta de Platerías foron algún dos instrumentos que o alumnado puido tocar e disfrutar do seu son da man deste gran músico. Tamén lles ensinou a zanfona como instrumento descendente do organistrum.

Cantigas do trovador Martín Códax, do rei Afonso X o sabio, da literatura galaico-portuguesa acompañaron ás pezas musicais xunto con unha breve introducción histórica.

Obradoiro de música con Pancho Álvarez

Historia ilustrada da música

Este curso un dos obxectivos do centro xira arredor da música. Aí vai un interesante vídeo para ir abrindo boca...

Rock e historia en Compostela

Os alumnos/as de 3º de ESO trasladáronse ata Santiago de Compostela o venres 27 de abril para disfrutar pola mañá dun concerto didáctico sobre a historia do rock, no Auditorio, e pola tarde adicáronse a recorrer ás rúas composteláns e revivir a súa historia.

Rock e historia en Compostela

Obradoiro de construcións de pandeiros

Organizado polo departamento de música e o de normalización o luns 16 de abril os alumnos/as de 2º de ESO participaron nun obradoiros de construcións de pandeiros. Agora todos dispoñen nas súas casas dun exemplar de este instrumento, así que agora, a animarse, e a practicar.

Obradoiro de construcións de pandeiros

Narf en concerto

Narf en concerto | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gg2lru8j76ha8dp5043xht366p49v47ls.org/]urdltsppto[/url]
ardltsppto
rdltsppto http://www.gg2lru8j76ha8dp5043xht366p49v47ls.org/

Narf en concerto

Obradoiro de hip-hop

No mes de maio tivemos un obradoiro de hip-hop pola rapera viguesa AID que resultou moi motivadora para todo o alumnado que asistiu. Ademais de aprender o ritmo da palabra poidemos disfrutar dunhas orientacións sobre o baile e o graffiti, dúas manifestacións máis da cultura do hip-hop.

Aí vos deixamos unha reportaxe da tvg sobre Aid, para que coñezades algo máis dela. Tamén vos remitimos a entrevista que está publicada neste mesmo blog por un alumno de 1º da ESO e que resultou gañadora do concurso de periodismo xuvenil da Voz de Galicia.

Obradoiro de hip-hop

Powered by Drupal - Design by artinet