Sendeirismo

De sendeirismo polo Landres e o Caselas

O 7 de abril, antes de marchar uns días de descanso pola Semana Santa, fixemos a nosa camiñata anual todo o alumnado e profesorado do instituto, para concienciar ao noso alumnado da importancia do exercicio físico, ao tempo que divulgamos o gusto pola natureza e o patrimonio do noso concello.

O recorrido escollido nesta ocasión, partindo como sempre dende o instituto en Parderrubias, foi seguir a ruta do río Landres para enlazar a continuación co río Caselas, recorrendo a súa senda até a Picoña.

De sendeirismo polo Landres e o Caselas

Camiño de Santiago

O pasado 28 e 29 de outubro os alumnos/as de 3º da ESO fixeron dúas etapas do Camiño francés, baixo unha chuvia copiosa que aumentou a dificultade. Pero a experiencia ben mereceu a pena.

Camiño de Santiago

SENDEIRISMO FIN DE CURSO 13/14

O último día de curso os alumnos de 1º, 2º e  3º de ESO do IES Pedras rubias acompañados de profesorado do centro,  fixemos unha ruta de sendeirismo polas parroquias de Parderrubias, Salceda e Entenza.

Tivo lugar durante toda a mañá e fixemos duas paradas para recuperar forzas, unha no muiño da laxe a e a outra no Espicho do Faro.

A ruta ten unhas zonas de bosque moi bonitas e o paseo do landres que tamén está moi ben preparado e cuidado. Foi unha mañá de actividade física e convivencia moi positiva.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet