Lingua Galega

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

A piques de rematar o curso e coas axendas cheas de exames, traballos e proxectos de verán, a nosa querida e incondicional Lucía Fernández non cesou na súa constancia e perseveranza, e volveu participar no concurso de relato curto.

Pero a sorpresa foi maiúscula porque nesta edición tamén se estreou Esteban Oliveira.

No seguinte enlace podedes deleitarvos coas súas lecturas:

3º A

3º C

Noraboa e moitas grazas a ambos.

Ata ao próximo curso!!

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

RUTA LITERARIA DE RAMÓN CABANILLAS E DE RAMÓN MARÍA DEL VALLE-INCLÁN

O luns 8 de maio o alumnado de 4º da ESO realizou a ruta literaria de Ramón Cabanillas e de Ramón María del Valle-Inclán organizada polos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá, conxuntamente.

O alumnado percorreu os distintos lugares importantes de Cambados e de Vilanova de Arousa nas vidas e obras de ambos escritores.

 En cada parada o alumnado leu distintos fragmentos ou poemas das respectivas obras.

    

                 

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

Ás portas de maio e enredados con excursións e coas Letras Galegas, dedicadas este ano a Francisco Fernández del Riego, publicamos o relato gañador de abril que, como non podía ser doutro xeito, é obra da nosa incondicional Lucía Fernández Gándara.

Se queredes lelo, só tes que premer no curso:

3º C

Noraboa e a seguir participando, que só queda o mes de maio!

CONCURSO RELATO CURTO ABRIL

VISITA DE ANTÓN RIVEIRO COELLO

O pasado luns 13 de marzo tivemos a sorte de contar co escritor Antón Riveiro Coello durante as dúas sesións da tarde. Para presentalo botamos man dun contacto común  que ten un gran coñecemento sobre a vida e obra do autor, Fernando Fernández, da editorial Galaxia.

 

Na primeira sesión, reuniuse co alumnado de 4º ESO, que lera a novela O paraíso dos inocentes; na segunda, o encontro foi co alumnado de 1º de Bacharelato, que fixera a lectura de As rulas de Bakunin, un clásico da súa produción.

 

Resultou un encontro moi familiar no que o escritor, ademais de responder a todas as preguntas que inquietaban ao alumnado, agasallou aos primeiros de cada curso que lle formularon unha pregunta cun dos seus libros.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

Nin o Entroido de Salceda de Caselas puido coa vontade creativa da nosa alumna Lucía Fernández Gándara de 3º C.

Se queredes ler o seu relato, podedes facelo premendo no enlace:

3º C

Noraboa e a seguir participando!

CONCURSO RELATO CURTO FEBREIRO

PREMIO CONCURSO ARTÍSTICO DÍA DE ROSALÍA

De novo volveu suceder: en Salceda non hai quen compita co entroido, nin a mesmísima Rosalía de Castro, piar imprescindible no Rexurdimento poético da nosa lingua. Mostra disto foi a baixa participación no concurso de artístico que se convocou para celebrar o día de Rosalía, 23 de febreiro, xa que só se presentou a nosa incondicional Lucía Fernández Gándara de 3º ESO C que participou na modalidade de relato curto.

A entrega de diploma e premio tivo lugar na biblioteca durante o recreo o mércores 1 de marzo.

 

Parabéns Lucía!

EDDLG principal.png

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Xa non nos queda ningunha dúbida de que no IES Pedras Rubias reina o amor. Proba disto son os máis de 50 chíos que se presentaron no Concurso Chíos con Amor.

O xurado acordou por unanimidade premiar o seguinte alumnado:

A continuación podedes ler algún dos chíos presentados:

 As caras ao recibir os chíos de amor falan por si soas!

 

E para rematar, o mércores 15 de febreiro fíxose a entrega de diplomas e premios:

 

Moitos parabéns!!

Seguide a participar nas diferentes propostas!

 

EDDLG principal.png

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O día 23 de febreiro cúmprense 186 anos do nacemento de Rosalía de Castro.

 

Para celebralo, no IES Pedras Rubias o Departamento de Lingua Galega e Literatura organiza un Concurso Artístico de Creación Propia.

Son varias as modalidades de creación: haikus, cómic, relato curto, peza teatral breve, debuxo, colaxe ou calquera traballo manual relacionado con Rosalía de Castro.

Tedes de prazo ata o xoves 23 de febreiro.

Para máis información consulta as bases completas.

EDDLG principal.png

CONCURSO CHÍOS CON AMOR

Dada a boa acollida que todos os cursos ten esta proposta, o departamento de Lingua Galega e Literatura volve pór en marcha o concurso de mensaxes de amor e amizade Chío con amor.

A que esperas? Dálle renda solta á túa alma poética e crea o teu chío de amor. Tes ata o 9 de febreiro e lembra que ten que estar escrito en galego e non pode superar os 280 caracteres.

Preme neste enlace para consultar as bases.

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

Ás portas do san Valentín, do Entroido, do día de Rosalía… e co novo ano iniciado, publicamos o relato gañador do mes de xaneiro.

3º C

Parabéns para a gañadora e a seguir participando!

Lembrade que podedes enviar os vosos relatos de febreiro ata o 23. Esperámosvos!

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet