Teatro escolar

O lavadouro

O luns 17 de xuño, en doble pase, o profesorado que forma parte do grupo de teatro "Mutis polo foro" representou unha versión da obra "De domingo a domingo" de Xosé Manuel Ogando Montes, coñecido como "Coco Montes" (Colección de Teatro Escolar "A Pinguela", ed. Fervenza, nº 93, Galicia-2016), máis algún fragmento de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao.

 

Deixámosvos un vídeo con algúns intres da representación.

 

Mutis polo foro: "Río Bravo"

O xoves 21 de xuño, en doble pase, o alumnado do grupo de teatro escolar "Mutis polo foro" homenaxearon ao xénero do "wenster" en clave cómica coa representación dunha das máis exitosas obras teatrais galegas de finais do século pasado: "Río Bravo" adaptación da compañía profesional "Chévere".

Despois de ensaios durante meses a representación foi todo un éxito e o público pasouno en grande debido ao alto nivel dramático das nosas actrices e actores.

Representación teatral de A princesa e o labrego

Un grupo voluntario de profesoras (Celia, Loli, Rosa, Libertad, Patricia e Chus) e de profesores (Juan Carlos, Fernando e Rubén) ensaiaron esta obra de teatro para poder representarlla ao alumnado e ao resto da comunidade educativa o luns 18 de xuño a modo de clausura do curso. 

No acto púidose contar coa presenza da autora no primeiro pase e coa concelleira de educación, Teresa Pérez, no segundo pase.

 

Mutis polo foro: O xogo da guerra

O venres 23 de xuño foi a actuación do grupo de teatro escolar do instituto, “Mutis polo foro”, que un anos máis, en dobre sesión actuou o último día do curso para mostrar os ensaio de todo un curso nese acto final. Este ano sumáronse ás representacións o club de lectura “Siareiros da palabra” que andiveron a preparar unhas versións das obras infantiles de Carlos Casares, no ano que se lle adicou o día das Letras Galegas, e que xa representaran previamente ao alumnado de 6º de primaria e aos nenos de infantil dos colexios de Salceda.

Toda a información no blog da biblioteca.

Mutis polo foro: O xogo da guerra

Novo estreno da compañía de teatro do instituto

Imaxe extraída do disco "Imaginarium" do grupo Máscara.

Estebiño

Curtametraxe realizada polo profesorado do IES para a representación teatral de Mutis polo foro, do mes de xuño de 2014. Tratabamos de adaptar obras de teatro tradicional ás novas tecnoloxías. Texto: "Estebiño" de Xavier Prado Lameiro.

2014 Teatro Popular Galego 2.0.

O 19 de xuño tivo lugar unha nova representación da nosa compañía de teatro escolar "Mutis polo Foro" na que a partir de textos de teatro popular, aínda que de autores recoñecidos como Blanco-Amor, Castelao ou Prado Lameiro, tentamos actualizalos e adaptalos a estes tempos nos que se impoñen as novas tecnoloxías.

Powered by Drupal - Design by artinet