Educación Física

XV Subida ao Penedo Redondo solidaria con Ucraína

Este venres día 6 de maio celebrouse a XV edición da Subida ao Penedo Redondo

O alumnado tiña a opción de facela andando, correndo individual ou correndo en grupo. Gran participación por parte do alumnado e profesorado. Un placer volver a realizar e disfrutar deste tipo de actividades.

Recadáronse un total de 800 € entre alumnado e profesorado que será donado íntegramente a Ucraína. Grazas a tod@s pola vosa colaboración.

Deixamos rexistro dos tempos e fotos d@s gañador@s.

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este curso secundamos a iniciativa da VIII Andaina solidaria contra a violencia de xénero, implicando voluntariamente tanto a alumnado, coma a docentes e persoal da nosa comunidade. O evento foi organizado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia e levouse a cabo os días anteriores e posteriores ao 25N (do 22 ao 30 de novembro).

                 

Por mor da situación sanitaria non foi posible facer todos xuntos a andaina, senón que sumamos os quilómetros por separado: por un lado o alumnado na materia de Educación Física, e por outro o profesorado e persoal non docente nos seus lugares de residencia.

                                                

EDDLG principal.png

Apuntes 2º avaliación alumnos de 2º ESO

Posto que moitos dos alumnos de 2º ESO non lembrades o contrasinal da aula virtual vouvos por aqui os apuntes que van a entrar no exame teórico que teremos á volta.

É plasmar a teoría do que fixemos nas clases así que non vos resultará nada difícil.

Espero que, ademais de ler os apuntes fagades algo de exercicio (algún dos circuitos que puxen non estarían mal).

Saúdos e que o levedes o mellor posible NA CASA

Calendario de partidos da liga de recreos de Balonmán

No ficheiro están postos os partidos de balonmán a xogar entre febreiro e marzo.

Saída a un centro deportivo BE ONE en Sabarís dos alumnos de hábitos saludables

O Martes 20 de novembro os alumnos de Promoción de hábitos saludables, acompañados das profesoras de Educación Física fixemos unha saída ao centro deportivo BE ONE situado en Sabarís. Alí fixeron un circuito de condición física, padel e actividades lúdicas na piscina. Todo isto acompañado duns pinchos na cafetería do centro. Faltounos tempo para que o nutricionista nos dese unhas nocións básicas sobre alimentación.

A experiencia foi moi boa.

En breve subirei o vídeo coas imaxes da actividade

Powered by Drupal - Design by artinet