Lingua Castelá
Valle-Inclán: Gallego Universal
O alumnado de 4º da ESO desde a materia de "Lengua y literatura castellana" participou no Certame de Cooperativismo no Ensino cun traballo de investigación sobre a vida e obra do escritor Ramón María del Valle-Inclán e a súa vinculación con Galicia.
O traballo consistiu na elaboración dunha serie de vídeos nos que se divulga a vida e obra do autor galego, un dos escritores universais en lingua castelá.
Despois de investigar sobre a súa vida e a súa obra o alumnado de 4º da ESO elaborou uns guións que explican a súa biografía relacionada cos distintos lugares nos que viviu, deténdose nos espazos galegos que formaron parte da súa su traxectoria vital. Ademais explicaron as distintas etapas da súa obra e seleccionaron unha serie de fragmentos dos seus libros máis representativos.
Unha vez gravados os distintos vídeos, algúns deles desprazándose até os mesmos lugares onde viviu Valle-Inclán, preparouse unha páxina web e uns cartaces físicos desde os que poder acceder a todo este material mediante códigos “qr”.
Podes ver o traballo no seguinte enlace: VALLE-INCLÁN GALLEGO UNVERSAL
whitening teeth remedies
math remediation software https://forums.dieviete.lv/profils/127605/forum/ unfair dismissal remedies
Ruta literaria Valle-Inclán
O martes 25 de abril o alumnado de 4º da ESO, organizada polo departamento de Lingua Castelá, realizou unha ruta literaria pola Pobra do Caramiñal e Vilanova de Arousa, percorrendo distintos lugares importantes na vida e obra de don Ramón María del Valle-Inclán. En cada parada o alumnado leu distintos fragmentos da obra valleinclanesca.
Toda a información no blog da Biblioteca.
Visita da escritora Mª Sol Ortiz de Zárate
Hoxe visitounos a escritora Mª Sol Ortiz de Zárate, autora dos libros "La canción de Shao Li", leído polo alumnado de 1º da ESO, e de "Rebelión en Verne", leído en 2º da ESO. Sempre é unha gran experiencia poder compartir conversa cunha escritora. Múltiples foron as preguntas que lle formulou o noso alumnado que enriqueceu a lectura previa dos libros pola súa parte. En breve máis información do acto.
Ruta literaria
O pasado xoves 15 de maio os alumnos/as de 4º da ESO realizaron unha dobre ruta literaria. Pola mañá seguiron os pasos de Ramón del Valle-Inclán pola Pobra do Caramiñal, e pola tarde visitaron Cambados, lugar onde se cruzan as vidas de Valle-Inclán e de Ramón Cabanillas, do que se visitou a súa casa natal.
Xesús Presa fala de Manuel Pérez y Pérez
Xesús Presa Vaqueiro, escritor e divulgador da “intrahistoria” local, especialmente a través do seu blog http://largandolastreyletras.blogspot.com, rescatou do esquecemento ao escritor Manuel Pérez y Pérez, natural de Budiño (Salceda) emigrou moi novo a sudamericana como tantos galegos a finais do século XIX e alí escribiu nos mellores xornais de Arxentina e Brasil, ademais de publicar múltiples relatos e artigos de prensa escribiu varias novelas e un ampla obra poética. Xesús Presa rescatou do esquecemento a este escritor nun libro publicado hai un par de anos. Dende o departamento de Lingua Castelá convidamos a Xesús Presa a que nos visitara e nos falara de Manuel Pérez, quen escribiu a maior parte da súa obra en castelán, intentando revitalizar e dar a coñecer a este escritor entre a xuventude de Salceda. A charla tivo lugar o martes 29 de xaneiro.
Tamén podes escoitar só o audio:
Primera edición del Quijote digitalizada
La Biblioteca Nacional, después de cinco mil horas de trabajo, presenta esta joya literaria: la primera edición del Quijote.
Puedes disfrutar de ella en: