2021/22

Actualización dos criterios de Avaliación, Promoción e Titulación do curso 2021/22

Despois de distintas modificacións ao longo do curso xa podes consultar no seguinte documento adxunto os criterios definitivos para a avaliación, promoción e titulación neste curso, 2021/22.

Día de Rosalía

O mércores 23 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro cunha exposición na Biblioteca e un programa radiofónico especial onde presentamos o disco "Amada Rosalía" de Xoán Eiriz, onde se rinde homenaxe a nosa poetisa universal a partir de textos do poeta Suso Díaz. Durante o noso programa en directo, dende Onda Raia, tivemos tanto a Xoán como a Suso en conexión telefónica.

PROGRAMA "AMADA ROSALÍA" AUDIO             PROGRAMA "AMADA ROSALÍA" VÍDEO       EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

 

Día da Radio 2022

ESCOITA OS PROGRAMAS

Cantores do Caselas     AUDIO     VÍDEO

  Lendas do Miño           AUDIO      VÍDEO

         Radio  Emigrante         AUDIO      VÍDEO     

Dedícater a dedicar                 VÍDEO

Xoga con nós                          VÍDEO

 

Centros colaboradores

IES Pedra da Auga (Ponteareas)  AUDIO 

IES Salvaterra de Miño             AUDIO

IES Val do Tea                          AUDIO

 

 

Participación na Olimpiada Matemática

 

O pasado 24 de xaneiro o noso alumno Guillermo Álvarez de 3º da ESO viaxou a Santiago de Compostela para participar na fase autonómica da LVIII Olimpiada Matemática Española.

Trátase dunha competición pensada para o alumnado de Bacharelato na que os participantes teñen que resolver varios problemas matemáticos nun tempo total de 4 horas.

Agardamos que esta sexa so a primeira de moitas participacións. Parabéns, Guille!

"Abrindo portas pola igualdade, pechando portas ao machismo.

Mozas e mozos do IES Pedras Rubias de Salceda de Caselas lanzan a súa mensaxe actuando. Unha experiencia audivisutal froito dun Taller Audiovisual realizado en decembro de 2021 polo alumnado de 4º da ESO en colaboración coa Concellería de Igualdade de Salceda de Caselas.

"Xogando limpo nas relacións, con Igualdade e Respecto"

Mostramos unha das pezas audiovisuais resultado do Taller audiovisual de Igualdade feito polo alumnado de 4º da ESO do noso instituto durante decembro de 2021, e promovido pola Concellería de Igualdade do Concello de Salceda de Caselas.

 

Novas Pautas Covid 10/01/2022

Consulta as novas pautas Covid vixentes a partir do 10 de xaneiro de 2022.

Consultar documento adxunto na parte dereita.

Homenaxe aos Mártires de Sobredo 2021

 

O pasado 30 de novembro recuperouse unha tradición tristemente alterada pola pandemia e o alumnado de 4ºESO do instituto, xunto coas súas compañeiras/os dos IES da veciña localidade de Tui - Indalecio Pérez Tizón e San Paio -, protagonizou unha homenaxe aos coñecidos Mártires de Sobredo, vítimas da loita antiforal, no 99º aniversario do seu asasinato a mans da Garda Civil, no marco da protesta contra o pagamento dos foros.

A través da lectura de poemas e textos da época, as comunidades educativas destes institutos quixeron lembrar este triste e sanguento episodio, piar fundamental na Historia de Galicia no século XX.

"[...] nos agros de Sobredo frorecéu unha rosa!

¡Ardente e sanguiñenta, agoira Libertade!"

Ramón Cabanillas, Sobredo (1926).

Powered by Drupal - Design by artinet