2020/21

CONCURSO RELATO CURTO XANEIRO

O mes de xaneiro resultou moi frío meteoroloxicamente, pero a nivel creativo estivo a ferver, xa que foron moitos os relatos presentados ao concurso. 

Podedes facer a lectura dos premiados nos enlaces seguintes:

1º D

2º B

3º B

3º C

Parabéns campioas!

A que estades agardando? Póndevos a escribir, que febreiro é curto e só tedes ata o día 23, día de Rosalía.

EDDLG principal.png

Procedemento de Revisións e Reclamacións das cualificacións finais

 

No ANEXO da parte dereita tedes toda a información sobre o procedemento de Reclamacións e os modelos correspondentes.

BUSCA DO TESOURO

Nas Letras Galegas 2021 o alumnado do IES Pedras Rubias puido demostrar os coñecementos adquiridos na área de Lingua Galega e Literatura sobre Xela Arias, a autora homenaxeada este ano, dun xeito moi divertido, xa que nas sesións de Educación Física realizaron unha busca do tesouro.

O equipo gañador de cada aula resultou o que contestou correctamente as dez preguntas sobre a poeta no menor tempo:

EDDLG principal.png

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

A menos dun mes para rematar o curso e coas axendas cheas de exames, traballos... cabería esperar que os ánimos fosen minguando, pero hai alumnado que non cesa na constancia e segue a participar no concurso de relato curto.

A continuación presentámosvos os relatos gañadores do mes de maio:

1º B

1º C

2º D

4º C

Noraboa, rapazas!

Moito ánimo, que non falta nada para as vacacións!!

CONCURSO RELATO CURTO MAIO

Por un patio limpo!!!

Durante o mes de abril alumnado e profesorado do IES  Pedras Rubias decidimos darlle unha limpeza a fondo dos nosos patios coa intención de desenvolver posteriormente unha campaña de concienciación entre alumnado e profesorado da importancia de contribuír activamente no coidado e liimpeza dos nosos entornos naturais.

Repartimos o patio en catro zonas. Nesta primeira fase, de limpeza, obtivemos os seguintes números:

 

A partir de aquí iniciaremos unha nova campaña de concienciación, implementando medidas que contribúan a esa mellora, tanto a nivel alumnado como desde o propio centro. Irémosvos informando!!!

Eugenio Granell

 

A pasada semana o alumnado de 1ºD e 1ºE contou coa “visita virtual” de Henrique Alvarellos, quen falou sobre a labor do editor con motivo da publicación do libro Eugenio Granell: regreso de un surrealista exiliado. Violeta González, autora da obra e profesora deste centro, presentounos ao seu protagonista e as fantásticas pinturas e esculturas que realizou.        

 

RECITAL DE POESÍA NA RADIO

O mércores 12 e xoves 13, durante as horas de lecer e recreo, alumnado voluntario de todos os niveis participou nun programa especial de Xela Arias.

O resto do alumnado puido seguilo en directo a través de Youtube na canle "Onda Raia Pedras Rubias".

 

Moitas grazas por realizar actividades tan fermosas e homenaxear a Xela Arias.

EDDLG principal.png

Powered by Drupal - Design by artinet