2013/14

Tamén len... en febreiro con Antonio

O 25 de febrero pasado tivemos como invitado especial ao novo inspector do noso instituto, Antonio Estévez.
Comezou falando de dous libros que lle influíron especialmente cando era adolescente: “O escarabello de ouro” de Poe e “Juan Salvador Gaviota” de Richard Bach. Decantouse por este último para compartir con nós e recomendouno porque ten unha lectura fácil, cun fondo e unas ideas moi positivas sobre as que reflexionar para andar pola vida.

Máis información no blog da biblioteca

Tamén len... en febreiro con Antonio

Tamén len... en abril con Rosa

O martes 29 de abril a nosa invitada ao TAMÉN LEN  foi a ex-alumna ROSA, quen departiu con nós animadamente e fixo unha homenaxe ao recentemente desaparecido GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ (Aracataca, Colombia 1927- México DF.2014), lendo un dos contos publicados no libro "Doce cuentos peregrinos", titulado "Tramontana", que seguimos atentamente engaiolados pola ricaz linguaxe do gran escritor latinoamericano.

 

A presentación correu a cargo dun grupo de alumnas/os e profes que nos deleitaron coas súa voces acompañadas de pandeireta tocada por Andrea, quen comparte coa invitada clases de canto e pandeireta, xa que Rosa leva anos no grupo "DONICELAS" e tamén impartindo clases. O coloquio foi fluído e, coma  sempre, entrañable.

 Máis información no blog da biblioteca

Tamén len... en abril con Rosa

Tamén len... en marzo con María José

O luns 31 de abril María José, a quen todas e todos coñecemos pola súa amable atención aos requerimentos de todos na CAFETARÍA do instituto a diario, foi a nosa invitada  e quixo  compartir unha lectura no pequeno tempo do recreo lendo para nós a pasaxe final do libro de Laura Esquivel "Como agua para chocolate".

Máis información no blog da biblioteca

Tamén len... en marzo con María José

Estebiño

Curtametraxe realizada polo profesorado do IES para a representación teatral de Mutis polo foro, do mes de xuño de 2014. Tratabamos de adaptar obras de teatro tradicional ás novas tecnoloxías. Texto: "Estebiño" de Xavier Prado Lameiro.

Tamén len... en xaneiro con Amelia

O venres 24 de Xaneiro tivemos a ben contar coa presenza de Amelia, a nai de Mar, alumna de 4ºB, que víu encantada a compartir con nós a lectura de varios poemas de Rafael Alberti (1902-1999), da súa obra "Marinero en tierra" (1924); e temos que dicir que foron moi ben escollidos e mellor lidos: con boa cadencia, sentindo os versos e enfatizando as palabras e a intención dun poeta que sabe chegar ao gran público, sen deixar de amosarnos ese ton de bravura que comparten o poeta gaditano e esta muller.

Máis información no blog da Biblio

Tamén len... en xaneiro con Amelia

Tamén len... en decembro con Nato

O xoves 19 de decembro o IES Pedras Rubias amaneceu "en obras," cheíño das sinalizacións,  obstáculos e moslestias que acompañan nestes casos.

Pero o  que se obraba era nada máis e nada menos que unha nova sesión do Tamén Len, que neste caso se preparaba deste xeito para recibir a visita de Nato, ou Fortunato Álvarez, o Concelleiro de Vías, Obras e Servizos do Concello de Salceda, quen, presentado por Lois (de 4º A), tivo a ben compartir con nós unha serie de pensamentos e fragmentos literarios a través dos que fixo unha fonda reflexión sobre a idea da viaxe. Elixiu varios autores sobre os que bascular e seguir un discurso que vai dende Castelao a Xabier DoCampo, pasando por Cunqueiro e Pessoa: a vida como viaxe, a viaxe da emigración ou do exilio, a viaxe como soño, as viaxes para volver e contalas..., sen esquecer a súa propia experiencia.

Máis información no blog da Biblio

Tamén len... en decembro con Nato

Tamén len... en novembro con Fran Ojosnegros

Ten nome de tango, pero non: é un novo párroco en Salceda. O venres 22 de novembro visitounos para compartir con nós unha lectura e as súas vivencias. Demostrou que ten sentido do humor escollendo para ler con nós un  monólogo do "Club da Comedia", aínda que estivo a piques de inclinarse por un texto sobre socialismo, nunha liña máis seria. A presentación correu a cargo do profe de Relixión, Juan Carlos, bo coñecedor da súa laboura.

Máis información no blog da Biblio

 

Tamén len... en novembro con Fran Ojosnegros

Tamén len... en outubro con Vivi

Abriu o primeiro Tamén Len do curso 2013-2014 a mestra Viviana Monterde, do colexio de Primaria Altamira.
 
 Para compartir connosco algunha lectura inclinouse por un libro que lle serviu para traballar fragmentos nas aulas cos nenos e nenas de primaria con bos resultados e que considera particular e divertido, pois fala de aprendizaxes varias cun ton cómico. Foi escrito por Antonio Lara "Tono", un humorista que traballou en "La Codorniz" e outros xornais ou revistas e foi escritor ocasional que publicou este libro nos anos 80 co título "Diario de un niño tonto". Nel refírese aos adultos que se comportan como nenos. O autor escribe dende o cotidiá e o evidente para darlle a volta e facer relatos bastante surrealistas que xogan coas palabras e os equívocos.

Tamén len... en outubro con Vivi

irvmpedo

O bosque das linguas do amor | IES Pedras Rubias
airvmpedo
[url=http://www.g76n44waaqsl66kx2132moer147d2c82s.org/]uirvmpedo[/url]
irvmpedo http://www.g76n44waaqsl66kx2132moer147d2c82s.org/

irvmpedo

jzjswpgjqe

As viaxes literarias | IES Pedras Rubias
ajzjswpgjqe
[url=http://www.g6692ayjt0gkid1jn06352j3i901anh2s.org/]ujzjswpgjqe[/url]
jzjswpgjqe http://www.g6692ayjt0gkid1jn06352j3i901anh2s.org/

jzjswpgjqe

Powered by Drupal - Design by artinet