Complementarias e extraescolares

Destino...¡ Compostela! Bo camiño.

 

22 de outubro, segunda feira… despois dunha noite sen parar de chover, amence coa mesma cara coa que pasara a noite, quer dicir, CHOVENDO!!

Pero cando digo chover, é chover a xeito, con forza, cando as nubes teñen frío, xúntanse e, ala!, non paran de soltar auga. Así, con este parte meteorolóxico, saímos pola mañá cedo cara Arzúa.

A chuvia non podía ser un atranco e, valentes e rexos, collemos camiño cara o norte.

Destino...¡ Compostela! Bo camiño.

Xogo do Sabio

Xa temos os nomes dos alumnos máis sabios do Instituto.

En primeiro lugar a parella formada por Alexandre Gesto e Pablo Diz de 1º da ESO.

En segundo lugar Aitor Castro de 2º de ESO.

No terceiro posto quedaron Jose Manuel Rodríguez e Óscar Pino.

E en cuarto lugar, pero tamén moi sabio, Rodrigo Fernández.

Tamén vós podedes comprobar os vosos coñecemento no seguinte enlace:

http://www.planetasaber.com/minisites/0000000024/game.html

Xogo do Sabio

Números premiados no sorteo Pro-Andorra

Os números premiados no sorteo de rifas da excursión da neve (Andorra) foron:

 

1.173 agraciado cunha Televisión

5.473 agraciado cunha Bicicleta

Delitos telemáticos

O martes 28 de febreiro un garda civil responsable de delitos telemáticos deu unha charla aos alumnos do centro sobre os riscos que poden ter o uso inconsciente de certas ferramentas da internet (redes sociales, colgar fotografía e vídeos...) e as posibles consecuencias legais de certas actuacións indébidas. Pretendíase que os alumnos/as do instituto reflexionen sobre o uso axeitado que hai que facer das novas tecnoloxías. Aproveitouse a data para enviar un tríptico ás familias sobre estes temas tan actuais e que nos atañen a todos/as.

Delitos telemáticos

Narf en concerto

Narf en concerto | IES Pedras Rubias
[url=http://www.gg2lru8j76ha8dp5043xht366p49v47ls.org/]urdltsppto[/url]
ardltsppto
rdltsppto http://www.gg2lru8j76ha8dp5043xht366p49v47ls.org/

Narf en concerto

Ruta Valle-Inclán

O pasado 2 de febreiro os alumnos de 4º de ESO desprazáronse ata a Pobra do Caramiñal para coñecer de primeira man lugares importantes dentro da traxectoria vital do autor de Luces de Bohemia.

Ruta Valle-Inclán

Entroido 2012

O venres 17 de febreiro saimos polas rúas de Salceda, xunto aos demais centros escolares do concello, para facer un vistoso e colorido desfile. Houbo gran variedade de temas pero todos os disfraces cunha gran elaboración. Non puido faltar a cita anual dos profes, que aínda que na foto non se vexa moi claro, parece que querían reivindicar as próximas Olimpiadas para Salceda, ou sería outra a temática?

Entroido 2012

Mártires de Sobredo

Un ano máis cumprimos coa nosa obrigada cita coa historia e o luns 28 de novembro os alumnos de 4º s eso foron a Sobredo a recordar aos tres veciños que en novembro de 1922 morreron por defender a outro que se negaba a pagar os foros. As forzas represivas dispararon contra a concentración veciñal e caeron as tres vítimas.

Mártires de Sobredo

Mar e verbas

Os alumnos de 2º da ESO fixeron o pasado xoves 15 de decembro unha dobre visita na cidade de Vigo, podendo disfrutar da oferta cultural e científica do Museo do Mar e da Casa das Palabras, Verbum. Unha visita moi completa. Mar e verbas.

Mar e verbas

Os alumnos de 1º da ESO visitan Naturnova

O xoves 17 e o venres 18 de novembro os alumnos/as de 1º da ESO visitaron Naturnova, un Centro interactivo de educación medioambiental que trata de presentar de forma clara e resumida o noso medio ambiente. O seu principal obxectivo é estimular o coñecemento do mundo que nos rodea e a difusión da súa importancia, co fin de que aprendamos a valoralo, respetalo e querelo.

Os alumnos de 1º da ESO visitan Naturnova

Powered by Drupal - Design by artinet